Eventos
El Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acogerá un espectáculo de magia el día 1 de febrero, a las 18:30 horas, con la actuación de Kiko Carrolo.
La representación está recomendada para todos los públicos.
La venta anticipada de entradas es en África Copias, Grafity y La Dekada. El precio es de 3 euros y el mismo día de la actuación se abrirá la taquilla una hora antes del inicio del espectáculo.
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Lalín para visitar o santuario da Nosa Señora do Corpiño e comer o cocido típico desa zona. Será o día 1 de febreiro, sábado.
A actividade inclúe o desprazamento en autocar con seguro de viaxe, almorzo en ruta, visita ao santuario da Nosa Señora do Corpiño, comida do cocido de Lalín e entrada ao museo etnográfico Casa do Patrón. O prezo é de 40 euros por persoa.
Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.
O Centro Comarcal Santo Tomé de Mondoñedo acollerá este 15 de xaneiro ás 7 da tarde a presentación da quinta edición do Coworking da Mariña lucense, impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e a Escala de Organización Industria (EOI) coa colaboración do Concello de Mondoñedo, como socio local. As últimas prazas estarán dispoñibles ata o 31 de xaneiro.
Na presentación participará a subdirectora da Oficina Galicia Emprende do IGAPE, Fany Suárez Mansilla, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, xunto con parte do equipo coordinador do proxecto e participantes nas anteriores edicións. Todos eles contarán as distintas perspectivas e experiencias dentro do programa. A continuación haberá un espazo de café networking que propiciará o intercambio de ideas entre os asistentes.
Este...
leer másMondoñedo acollerá os próximos días 24, 25 e 26 a segunda edición de NOGA, Colectivo de Narración Oral Galega, que conta cun amplo programa de actividades tanto para os profesionais como para o público en xeral.
A apertura do encontro será ás 21.00 horas do día 24 no auditorio municipal Pascual Veiga; a entrada é libre, ata completar o aforo.A gala de apertura estará conducida por Carmen Conde.
Para o sábado, 25, o programa é o seguinte: de 10.00 a 11.30, haberá un obradoiro, titulado Falamos da voz, da man de Faia Díaz, cantante e historiadora da Arte; á mesma hora desenvolverase unha charla a cargo da xornalista Eva Mejuto, sobre Conto, igualdade e diversidade. De 11.30 a 12.30 Pablo Ángel Meira Cartea, profesor de Educación Ambiental na USC, exporá a ponencia O cambio climático non existe...É un conto. Despois...
leer másA Sociedade Cultural Ledicia remata a súa programación de Nadal coa Cabalgata de Reis que se celebrará o día 5 de xaneiro.
A comitiva partirá ás sete da tarde da rúa do Ril, pasando por Arcadio Pardiñas, Eijo Garay, Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Pardo Bazán. Rematará o percorrido cunha visita ao belén vivinte, instalado na praza da Mariña, onde as súas Maxestades recollerán os encargos de nen@s e maiores. Previamente visitarán a Residencia de Maiores e a zona infantil do Hospital da Costa e á chegada dos Reis á praza haberá unha rosconada organizada por CCA Burela, na que haberá premios e sorteos.
A Cabalgata está organizada por Ledicia co patrocinio do Concello de Burela e a colaboración de Sala-5, que engadirá unha novidade ao tradicional desfile.
Os Reis Magos sairán este domingo, 5 de xaneiro, ás 18:00 horas do Pavillón da Veiga de San Ciprián, e logo recibirán aos pequenos na Casa da Cultura.
Os Magos de Oriente ás 19:00 horas partirán das Escolas Vellas de Cervo.
E a continuación o grupo de teatro O Bordelo presentará a súa nova obra: "Conquistando ilusións" no salón de actos do Concello. Será a partires das 20:30 horas.
Dentro do amplo Programa de Actividades do Concello para este Nadal, mañá sábado, 4 de xaneiro , celebrarase o día do neno. Haberá:
-XOGOS ACUÁTICOS NA PISCINA MUNICIPAL de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas. Na Piscina a entrada vaise facer por grupos de idade:
De 11:00 a 12:00 horas de 5 a 8 anos.
De 12:00 a 13:00 horas de 9 a 11 anos
De 13:00 a 14:00 horas de 12 a 15 anos
De 16:30 a 17:30 horas de 12 a 15 anos.
De 17:30 a 18:30 horas de 9 a 11 anos
De 18:30 a 19:30 horas de 5 a 8 anos.
En cada turno hai cabida para 30 nenos/rapaces.
-INCHABLES E XOGOS NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES de 16:00 a 20:00 horas. Concretamente, van a disfrutar das seguintes actividades: LA GRANJA, MULTIARCOS, MOTO GP, TOBOGÁN XIGANTE, TOBOGÁN DÍSNEY, BARREDORA,...
leer másA noite de Reis o vindeiro domingo, 5 de xaneiro, o Casino de Mondoñedo acollerá a celebración dunha cea-baile, que está organizada polo Círculo de Recreo de Mondoñedo.
O menú estará composto de: sopa de cocido, salpicón de rape e lagostinos, carrilleras ao viño tinto e roscón de reis. Haberá viño ribeiro e rioja, café e chupito.
A festa dará comezo ás 22:00 horas e estará amenizada polo dúo Epo-K. O prezo para os socios é de 22 euros e para os non socios de 26 euros. A cea estará servida por Chao da Brea.
A venda de tarxetas estase a realizar en O Rincón de Mondoñedo.
RibaXogo, o centro de ocio infantil e xuvenil, instalado nunha carpa no parque de San Francisco, abrirá tamén o vindeiro luns, día de Reis, de 17 a 21 horas.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, lembra que “prolongamos un día máis RibaXogo, porque o 21 de decembro, xornada na que ía abrir as súas portas non puido ser por mor do forte temporal que lle afectou a esta zona. O centro de ocio infantil e xuvenil, que organizou o Concello coa colaboración de Acisa, botou a andar o día 22 e entón alongamos ata o 6 de xaneiro a súa presenza en Ribadeo”.
Vizoso agarda que “esta vindeira fin de semana, na que milleiros de persoas de botarán ás rúas para ver aos Reis Magos, se acheguen tamén antes e despois da Cabalgata a RibaXogo para divertirse coas atraccións que alí temos instaladas e...
leer másACISA Ribadeo organiza a visita do carteiro real que estará este sábado, 4 de xaneiro, na carpa instalada no parque San Francisco. Os nenos e nenas ribadenses poderán falar con el, facer fotos, e contarlle como agardan a chegada dos Reis Magos de Oriente entre as 12:00 e as 14:00 horas pola mañá e pola tarde de 17:00 a 20:00 horas.
Desde a directiva de ACISA animan “aos papás e ás mamás a que leven mañá ás súas fillas e fillos a ver ao carteiro real, xa que estará encantado de recibilos e de escoitalos a todos”.
Por outra banda, ACISA segue coa súa campaña de Nadal e os establecementos asociados aínda teñen a disposición dos seus clientes as rifas para a Festa do Comercio, que se celebrará o día 11 de xaneiro. En total estanse a distribuír 200.000 rifas.
O 11 de xaneiro terá lugar o...
leer más