A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Lalín para visitar o santuario da Nosa Señora do Corpiño e comer o cocido típico desa zona. Será o día 1 de febreiro, sábado.
A actividade inclúe o desprazamento en autocar con seguro de viaxe, almorzo en ruta, visita ao santuario da Nosa Señora do Corpiño, comida do cocido de Lalín e entrada ao museo etnográfico Casa do Patrón. O prezo é de 40 euros por persoa.
Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.