Eventos

Etiquetas:
09/12/2019

Librería Bahía de Foz organiza o domingo, 15 de decembro, unha xornada de xogos de mesa con Brazolinda a partir das 12:00 horas.

Trátase de xogos de creación propia, en galego e artesanais que, ademais do seu carácter educativo, axudan a desenvolver habilidades tanto intelectuais como sociais e que están pensados para xogar en familia.

O obxectivo é contribuír a que a xente coñeza outras alternativas que non chegarán a eles a través da publicidade nos seus diversos medios e que aportan moitas veces valores moi interesantes.

 

Etiquetas:
09/12/2019

O Pazo de Tovar, fortaleza que se atopa na parroquia laurentina de Santo Tomé, acollerá unhas xornadas de portas abertas esta vindeira fin de semana, sábado e domingo. Nelas mostraranse as múltiples alternativas (gastronómicas, decorativas e de diversos espectáculos) que este espazo ofrece para desenvolver nel eventos de todo tipo personalizados e adaptados aos gustos do cliente, como vodas e outras cerimonias. 

As xornadas de portas abertas, que se desenvolverán o sábado 14 de 16.00 a 22.30 horas e o domingo 15 de 10.00 a 19.00 horas, están coordinadas polo prestixioso florista e organizador de eventos barcelonés Jordi Ferrán. A asistencia é libre e gratuíta.

O promotor desta iniciativa é Jorge López, xerente e cociñeiro do restaurante O Forno de Tovar, que presentou estas xornadas de portas abertas e explicou...

leer más
Etiquetas:
08/12/2019

A vila costeira de Burela (Lugo) acolle a próxima semana a celebración do primeiro Congreso Nacional de Artes de Pesca e do primeiro Congreso Infantil “Conservemos o noso Mar”, que terán lugar entre o xoves 12 e o venres 13 de decembro.

O xoves 12 de decembro pola mañá (de 9:00h a 13:30h) celebrarase na Casa da Cultura de Burela o Congreso Infantil “Conservemos o noso Mar”, no que alumnos e alumnas dos diferentes centros educativos de Burela concentrarán todo o protagonismo da xornada.

Tra-la intervención da doutora en Historia Contemporánea e profesora do IES Monte Castelo, Herminia Pernas Oroza, “Unha ollada á contribución histórica do porto de Burela á pesca sostible”, os alumnos exporán os traballos que levan realizando nas últimas semanas sobre as prácticas respectuosas co medio mariño.

... leer más
Etiquetas:
06/12/2019
O programa de Nadal organizado polo Concello de Xove comezará o sábado, 14 de decembro, coa vídeoproxección fotográfica Clic, que terá lugar  no salón de actos do Centro Cívico, ás 19:00 horas. O domingo 15, celebrarase a presentación do documental A baleeira de Morás, ás 19:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico.
 
O venres 20 haberá música en vivo con Crooner CR, ás 23:00 horas, no pavillón municipal de deportes. O sábado 21 procederase á inauguración do Nadal, a partir das 19:00 horas, no pavillón coa chegada de Papá Noel; o domingo 22, ás 19:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico, haberá teatro infantil co grupo Adala de Fazouro, que representará Que cousas pasan no Camiño.
 
Os días 23, 24, 26 e 27 de decembro terá lugar a...
leer más
Etiquetas:
05/12/2019

Esta tarde foi inaugurado o XVI Mercado do Nadal e acendido o alumeado destas festas. O alcalde, Fernando Suárez, xunto aos concelleiros de Turismo, Medio Ambiente, Obras e Cultura, Pablo Vizoso, Jorge Díaz, Mónica Freire e Pilar Otero, visitaron as casetas instaladas no parque de San Francisco e asistiron ao acendido da iluminación de Nadal. 

O rexedor dixo que “procedemos a este acendido das luces de Nadal aquí en Ribadeo, que facemos coincidir estes últimos anos coa inauguración do XIV Mercado do Nadal. Traemos unha chea de cousas para que tanto a xente de aquí como os amigos e veciños de toda A Mariña, de todo o Occidente asturiano e todos aqueles turistas que nesta longa ponte veñan a Ribadeo poidan degustar produtos artesáns de alimentación e ver artesanía, coiro, xoiería…”.

Fernando Suárez explicou que “...

leer más
Etiquetas:
05/12/2019

A vila de Burela (Lugo) acolle a próxima semana a celebración do primeiro Congreso Nacional de Artes de Pesca, que terá lugar no Salón de Actos de Armadores de Burela ABSA durante o xoves 12 e o venres 13 de decembro.

O Congreso, que promove a Fundación EXPOMAR, ten como obxectivo a posta en valor das artes de pesca en perigo de desaparición, así como o intercambio de coñecementos sobre as artes doutros territorios de ámbito nacional. 

Durante estas dúas xornadas intervirán profesionais relacionados co mundo pesqueiro de ámbito nacional e galego, como representantes das confrarías de pescadores das comunidades de Baleares, Cádiz, Valencia e Burela. Así mesmo participarán relatores da Universidade de Santiago de Compostela, de Portos de Galicia, de Grupos de Desenvolvemento Rural, da Federación Galega de Pesca...

leer más
Etiquetas:
04/12/2019

O programa do Nadal en Burela arrincará mañá, 5 de decembro, ás 21:00 horas na praza do Concello co pregón que pronunciará o empresario xubilado Ramón Hermida. Despois terá lugar o acendido do árbore e do alumeado e haberá un concerto. As actividades destas festas desenvolveranse ata o 5 de xaneiro. Foron presentadas este mediodía polo alcalde burelés, Alfredo Llano, e por representantes do CCA e de Ledicia.

O rexedor burelés dixo que “fixemos unha presentación conxunta entre a Acia, Ledicia e máis o Concello de Burela que, dunha maneira ou doutra, colaboramos entre todos para conformar o que queremos que sexa un bo Nadal con atractivo e que sexa un bo elemento de motivación para que a xente se achegue a Burela en calquera día das vindeiras vacacións”.

Alfredo Llano sinalou que “mañá van comezar as actividades ás...

leer más
03/12/2019

A feira pontenovesa, que reunirá máis de 60 expositores do 6 ao 8 de decembro, inaugura así un proxecto co que se quere visibilizar o traballo realizado nos últimos anos no Obradoiro de Instrumentos Musicais do Centrad para construír réplicas dos instrumentos das esculturas ciceladas nos pórticos de igrexas como as de San Xoán de Portomarín e Santo Estevo de Ribas de Sil.

O Deputado de Artesanía explicou que “presentamos por primeira vez fora do Centrad  O Son do Tempo, da Pedra a Madeira, unha mostra de instrumentos musicais reconstruídos a partir dun estudo minucioso das esculturas en pedra que se conservan nos numerosos monumentos históricos  da nosa provincia”.

A exposición que comezará así un percorrido por concellos de toda a Provincia. A colección é resultado dun traballo de investigación e formación que se...

leer más
Etiquetas:
29/11/2019

O XVI Mercado do Nadal terá lugar do 5 ao 8 de decembro no parque de San Francisco, en Ribadeo. O evento foi presentado hoxe polo concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso. Como novidade haberá un recuncho Arte_San, que será unha illa gastronómica con sabores da zona, na que ademais haberá charlas e tamén degustacións. Na tradicional cita haberá produtos ecolóxicos e artesanía, actuacións musicais e obradoiros para os máis pequenos e pequenas.O edil ribadense agarda que o Mercado do Nadal traia moita xente a Ribadeo e que encha as rúas de ledicia. 

Vizoso explicou que “o próximo xoves, 5 de decembro, ás 17 horas da tarde abre as súas portas a XVI edición do Mercado do Nadal, unha cita xa ineludible en Ribadeo, onde a luz, a cor e o mercado tradicional son a súas sinais de identidade. O alumeado de Nadal e as 28 casetas de madeira...

leer más
Etiquetas:
29/11/2019

O Concello de Ribadeo, a través da súa Delegación de Servizos Sociais, organiza un ano máis a campaña de recollida de xoguetes baixo o lema Dálle a volta ao Nadal, que se desenvolve do 25 de novembro ao 11 de decembro.

A Concellaría de Servizos Sociais lembra que os xoguetes entregados deben estar en bo estado, limpos e non rotos, e que aqueles que teñan pezas deben ir todas xuntas nunha bolsa a parte. Ademais informa que non se recollen peluches.

Os xoguetes poden ser entregados nos centros educativos de Ribadeo e no departamento de Servizos Sociais do Concello (sito no Auditorio Municipal Hernán Naval).

Na semana do 16 de decembro comezará o reparto de xoguetes ás familias usuarias dos Servizos Sociais, e calquera que necesite xoguetes pode pasar polo Auditorio Municipal para anotarse...

leer más