Os putativos

20/11/2014
A obra Os Putativos chega este sábado a Lourenzá da man do grupo de Teatro de Ribadeo. A representación comezará ás 8 da tarde no Salón de Actos da Casa do Concello.

 

A Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá presenta unha nova actuación teatral no municipio para o vindeiro sábado  22 de novembro. Este día a partir das 8 da tarde o Grupo de Teatro de Ribadeo interpretará, no Salón de Actos da Casa do Concello, a súa obra Os Putativos. A actividade forma parte do proxecto Buxiganga, unha iniciativa cultural posta en marcha pola Área de Cultura da Deputación de Lugo. O custe da entrada terá un prezo de 1 euro por asistente.

...

leer más