Eventos
O alcalde, Alfredo Llano, anuncia que á segunda edición do mercado semanal que se celebrará mañá en Torrentes acudirán unha trintena de postos relacionados co sector agroalimentario. O rexedor insiste en que o mercado foi trasladado a Torrentes por razóns de seguridade sanitaria e asegura que a zona reúne todas as condicións para acollelo.
O alcalde dixo que “agora mesmo hai moitísimas peticións. Está chamando moita xente que quere vir a instalarse no mercado de Burela, pero é certo que neste momento non se poden colocar máis postos. A ver se entramos na fase 2 e isto pode cambiar, pero polo de agora teñen que ser artigos de alimentación. Polo tanto vai ser un mercado de produtos agrícolas, lácteos, cárnicos, froitas, flores e todo o que permite o Real Decreto. Digo que hai moitas peticións porque hai moito interese en vir ao mercado de...
leer másO Concello de Foz anuncia a suspensión das festas e eventos multitudinarios en todo o municipio ata o mes de outubro, pero reforzará a programación cultural na vila e nas parroquias con numerosos actos e novidades como cine ao aire libre.
“Estamos nunha situación completamente excepcional, de privación da liberdade individual para garantir a saúde pública do conxunto da poboación”, explica o alcalde de Foz, Fran Cajoto, que especifica que o Concello de Foz toma esta decisión “por unha tripla motivación:
- Responsabilidade: a prioridade deste goberno desde o inicio da crise sanitaria foi a saúde das súas veciñas e veciños. Non é posible limitar o aforo dunha verbena nin manter o distanciamento físico que esixen os protocolos sanitarios do virus COVID-19. Outras cidades e vilas como Madrid, Pamplona ou recentemente...
leer másO Concello de Viveiro organiza unha serie de actividades, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, que desenvolverá a través das redes sociais debido á situación polo estado de alarma.
O domingo, 17 de maio, intervirán Raquel Queizás, co conto tradicional galego Coidado, e David Catá coa adaptación do himno galego.
O luns, día 18, participará o Cronista Oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, quen presentará unha biografía sobre Carballo Calero ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas; e David Bellas que ofrecerá unha interpretación musical.
Rematará o programa o martes 19 coa intervención de Suso Martínez cun vídeo dramatizado sobre Carvalho Calero.
O Concello de Viveiro convida a escribir ou debuxar a palabra favorita do galego, pendurala...
leer másO Concello de Xove felicita á Asociación de Mulleres Bolboretas que cumpre o seu trinta aniversario despois de que se fundara oficialmente en maio de 1990.
Esta asociación ten as súas raíces na Urbanización de Palmeiro, na localidade de Xove, onde hai corenta anos chegaron vivir moitas familias novas, procedentes de distintos puntos da xeografía española. A empresa, naqueles intres Alúmina-Aluminio, hoxe Alcoa, encargou construír vivendas cerca da factoría, para que puideran vivir os empregados e as súas familias.
Contan que comezaron as súas andaduras nun entorno novo, descoñecido e con estraños, pero pouco a pouco, aproveitando todo o que esta situación lles proporcionaba como colexio, instalacións deportivas e club social, foron organizando e participando en diferentes actividades escolares e extraescolares,...
leer másA área de Cultura celebrará as Letras Galegas coa programación en liña As Letras en rede, que inclúe unha decena de actuacións musicais e escénicas. Davide Salvado, Raiceira, Ugia Pedreira, Pepe Vaamonde, Mamá Cabra, Micromina Títeres, Ana Carreira, Lóis López, Olga novo e Marina Oural completan o elenco artístico deste novidoso ciclo cultural en rede, que poderá seguirse nas redes sociais e na canle de Youtube da Vicepresidencia da Deputación de Lugo (@vicedepulugo) entre o 17 e o 27 de maio ás 19:00 horas.
A iniciativa, na que colaborou a área de Cultura do Concello de Lugo, pretende trasladar ás redes o carácter reivindicativo e lúdico que acompaña a celebración do Día das Letras Galegas, dedicada este ano ao profesor e escritor Ricardo Carvalho Calero, mais tamén apoiar aos profesionais da cultura, un dos sectores que está a sufrir...
leer másA concelleira de Cultura, Pilar Otero, manifesta o apio do Concello de Ribadeo ao sector da Cultura e anuncia que se está a reprogramar para o último cuatrimestre do ano a programación que estaba prevista para maio e xuño. A Concellaría ten intención de manter unha axenda cultural durante o verán, que estará moi determinada pola evolución da pandemia.
A edil ribadense dixo que “desde o Concello de Ribadeo manifesta o apoio ao sector da cultura nos termos reflectidos na carta feita pública pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Un apoio das administracións que sabemos que resulta imprescindible nestes momentos en que a pandemia do coronavirus fai máis difícil as condicións de traballo dun sector, que xa normalmente está marcado pola inestabilidade e a precariedade”.
Pilar Otero explicou que “...
leer másO Concello de Cervo retoma este xoves o mercado semanal de San Ciprián, autorizando tan só polo momento, e dada a situación excepcional, a instalación dos postos de produtos agroalimentarios, cumprindo as medidas de seguridade e distanciamento establecidas.
Tal e como explican, de xeito provisional, habilitarase unha entrada e unha saída pola Avenida da Mariña para que as persoas usuarias poidan acceder aos postos de xeito controlado.
Na entrada, o Concello facilitará solución hidroalcohólica de uso obrigatorio e recomenda ás persoas usuarias a permanecer no mercado o tempo estritamente necesario para realizar as compras e sempre mantendo a distancia de seguridade de dous metros.
Membros do equipo de goberno reuníronse este mediodía coa Acia local para tratar sobre as axudas que o Concello vai destinar aos hostaleiros, aos comerciantes e aos autónomos. Ademais o alcalde, Alfredo Llano, anunciou que o mercado semanal volverá este venres, aínda que está por decidir cal será a súa nova localización.
Alfredo Llano contou que “hoxe estivemos falando con respecto ás axudas que lles queremos dar ás empresas dunha forma directa, estivemos amosándolles o que é o borrador das bases e leváronas para analizar por se teñen algunha suxestión e para que todo o mundo que poida e queira, teña a oportunidade de solicitar a axuda que vai dar o Concello. Van ser para hostaleiros, para comerciantes e para autónomos, e son unhas bases que consideramos xustas, equitativas e fáciles de aportar para que poidan solicitar esas axudas, xa...
leer másO alcalde, Fernando Suárez, anunciou que o mercadiño dos mércores se reanudará este 13 de maio, unicamente na súa sección de produtos agroalimentarios, prevendo a inclusión pouco a pouco do resto de artigos. A novidade é que se trasladará ao aparcadoiro municipal, debido á imposibilidade de celebrarse no sitio habitual dadas as limitacións de espazo e considerando esta nova localización como a mellor posible pola súa centralidade. O mercado de produtos da horta dos sábados seguirá celebrándose nas inmediacións da praza de abastos. Vendedores e clientes deberán cumprir coas medidas sanitarias recomendadas.
O rexedor confirmou que “vimos de publicar un Bando onde indicamos que desde o Concello de Ribadeo imos reabrir o mercadiño dos mércores e tamén o mercado da horta dos sábados. Hai que ter en conta que Ribadeo e a provincia de Lugo...
leer másO mercado semanal de Foz retómase mañá, martes, pero só para produtos de alimentación e cunha separación entre postos adecuada ás circunstancias actuais.
O alcalde focense, Fran Cajoto, anuncia que “este martes retómase de novo o mercado semanal en Foz, pero de momento exclusivamente para produtos de alimentación e cunha separación física adecuada. Haberá 5 metros de separación entre os postos e rúas de dez metros de ancho, para garantir a separación entre todos os compradores. Hai que recordar que só se pode atender a un cliente por quenda e non se poden manipular eses alimentos. Ademais dispoñeremos unha caseta de madeira á entrada para dispensar xel a todas aquelas persoas que pasen por alí e que se queiran hixienizar. Todo para intentar garantir sempre esas medidas sanitarias porque aínda está o Covid-19 entre nós e temos que ser...
leer más