Xeo
Ribadeo contará con pista de xeo este Nadal. Estará instalada nunha carpa na Avenida Rosalía de Castro entre o 3 de decembro e o 7 de xaneiro. O prezo da entrada será de 5 euros, pero os negocios adheridos contarán con vales de desconto para a súa clientela, segundo deu a coñecer esta mañá a concelleira de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio, Marta Saiz.
A edil ribadense explicou que “a pista de xeo volve a Ribadeo este ano. Será do 3 de decembro ao 7 de xaneiro. Estará instalada no aparcamento da rúa Rosalía de Castro, preto do Teatro. O horario durante o mes de decembro será de 16:30 a 21:00 horas e do 2 ao 7 de xaneiro de 12 a 14 horas e de 16:30 a 21:00 horas. Os días de Noiteboa e de Aninovo a instalación estará pechada”.
Saiz indicou que “o prezo da entrada será de 5 euros. E...
leer másDado o éxito da pista de xeo, ACIAM Xove decidiu ampliar os días de apertura para que todos os nenos e persoas que gustan de patinar teñan a oportunidade de disfrutar da mesma.
A pista, que en principio ía estar aberta ata o venres, 30 de decembro, agora vai prolongar a súa apertura ata o sábado 7 de xaneiro.
Os días que vai estar aberta na vindeira semana son: luns 2, martes, 3, mércores 4, xoves 5, (venres 6 pechada) e sábado 7 de xaneiro, sendo o horario diario de 16:30 a 21:30 h.
Por cuarto ano consecutivo Ribadeo conta cunha pista de xeo XL da que se pode desfrutar durante este Nadal. Está aberta no parque de San Francisco desde o pasado 21 de decembro e ata o próximo 7 de xaneiro e este ano incorpora, como novidade, sesións nocturnas con djs que teñen lugar os venres e os sábados de 22 a 00:00 horas. Desde o Concello subliñan que “con esta acción o que se pretende é dinamizar máis a pista de xeo XL ao ampliar horarios e introducir a música, así como fomentar o consumo no comercio e na hostalería local”.
E lembran que “a pista de xeo XL de Ribadeo, duns 300m2, é a única que se atopa aberta na provincia de Lugo, e das poucas que contan con sesións nocturnas amenizadas con música”.
A pista de xeo, organizada polo Concello de Ribadeo e na que tamén colabora Acisa, ten un prezo de 6 euros....
leer másDo 21 de decembro ao 7 de xaneiro Ribadeo contará por cuarto ano consecutivo cunha pista de xeo natural XL. O prezo das entradas será de 6 euros, pero aquelas persoas que fagan compras no comercio local asociado a Acisa a partir de 20 euros ou que consuman na hostalería local obterán un desconto do 50%. A novidade deste ano é que haberá sesións nocturnas de patinaxe os venres e os sábados de dez a doce da noite, acompañadas de música. A pista de xeo natural é unha iniciativa do Concello e de Acisa. Na presentación que tivo lugar esta mañá participaron o alcalde, Fernando Suárez, e as concelleiras de Turismo e Xuventude, Ana Martínez e Vanesa Yanes, así coma o xerente e o vicepresidente de Acisa, Jesús Pérez e Juan Andina, e o vogal da asociación Ramón Loredo.
O rexedor declarou: “qué mellor que combater este frío que vai haber neste...
leer másXa é posible patinar en Ribadeo na pista de xeo natural XL, que por terceiro ano consecutivo poñen en marcha Acisa e o Concello durante as festas de Nadal.
Abre en horario de 12 a 14 horas e de 17 a 22 horas ata o vindeiro 7 de xaneiro, agás os días 24 e 31 que pechará ás oito da tarde. O prezo da entrada é de 6 euros, aínda que aquelas persoas que merquen ou consuman nos comercios e locais hostaleiros de Ribadeo, asociados a Acisa, e presenten os seus tíckets por importe igual ou superior a 20 euros poderán obter esas entradas ao prezo de 3 euros. Eses tíckets teñen que ir acompañados das papeletas cos descontos que distribuirán os establecementos asociados a Acisa. Catro monitores atenderán a pista de xeo natural XL, de Ribadeo, durante estas semanas. A instalación foi visitada polo alcalde, Fernando Suárez, pola concelleira de Mocidade...
leer más