Eventos
O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, presentou este xovesno exterior do Pazo de San Marcos a campaña EN LUGO, SI;que lanza a institución provincial para “reactivar, dunha maneira estable e eficaz,o comercio local, a hostalería, o turismo, e o conxunto dos sectores produtivos da provincia, para saír o máis rápido e da mellor maneira posible da crise provocada polo coronavirus”.
A Deputación leva semanas traballando no deseño deste proxecto, que o propio Presidente lles avanzou o mes pasado aos axentes sociais e económicos da provincia durante unha rolda de contactos e que foi moi ben acollido. Dado que se trata dunha iniciativa en coordinación e colaboración co tecido socioeconómico, no acto desta mañá, acompañaron a José Tomé, ademaisda Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción...
leer másMañá, venres, terá lugar a terceira edición do mercado semanal de Burela na súa nova locación en Torrentes. O alcalde, Alfredo Llano, subliña que participarán máis dun cento de postos. Aos de alimentación súmanse agora os de roupa, calzado, apeiros, etc. Para o rexedor mañá será unha xornada de mercado importante en Burela.
Llano lembrou que “temos xa a terceira edición do mercado que se vai facer en Burela. Houbo a primeira onde se tratou de dar unha oportunidade a todo o mundo, tanto para os que traen os seus produtos para vender como para que a xente de Burela puidera desprazarse e participar nos mercados para ir dinamizando e ir tirando para adiante”.
O alcalde burelés dixo que “o Concello de Burela o que ten é a pretensión de facilitar a labor de todo aquel que queira dalgunha maneira ter unha oportunidade de...
leer másCancelado o Ribadeo Indiano 2020, que se ía celebrar do 10 ao 12 de xullo. Así o decidiron esta tarde o Concello e Acisa. Os organizadores antepoñen a responsabilidade por riba de todo para lograr a máxima protección posible contra o Covid-19 e póñense a traballar na edición de 2021.
O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “quixemos agardar ata o último momento, tanto a Asociación de Comerciantes como o Concello de Ribadeo, pero finalmente decidimos ir na liña do que outros Concellos da comarca, de Galiza e do resto do Estado están facendo nos últimos tempos no sentido de que debemos antepoñer a responsabilidade por riba de todo para lograr a máxima protección posible contra o coronavirus. Polo tanto se temos en conta a nova normalidade no que ten que ver co distanciamento físico que debemos ter entre a cidadanía e tamén o necesario...
leer másO Concello de Cervo recupera este xoves o mercado semanal de San Ciprián ao completo, autorizando a instalación de todos os postos habituais, uns corenta en total.
A feira xa se celebrou de xeito incompleto, e dadas as circunstancias excepcionais, os días 14 e 21, coa presenza tan só dos postos da rama agroalimentaria.
No día de hoxe, e xa na fase 2 da desescalada, desde o Concello contactaron con todos os comerciantes dos sectores non alimentarios para informalos da recuperación integral do mercado e das medidas que se tomaron para salvagardar a seguridade. De tal xeito que, de xeito provisional, e para garantir as medidas de distanciamento fixadas, procedeuse a ampliar a superficie do mesmo, que abranguerá a Praza dos Campos e a Rúa do Torno; e reestruturáronse os espazos prefixados, para dar cumprimento á...
leer másMañá, mércores, terá lugar unha nova edición do mercadiño semanal de Ribadeo na súa nova localización no aparcadoiro municipal. Aos postos agroalimentarios uniranse mañá outros de ferraxería, antigüidades, bixutería, calzado e bolsos. Tal e como veu acontecendo nas dúas últimas semanas o mercado cumprirá con todas as medidas de hixiene e seguridade para facer fronte ao Covid-19: “hai unha serie de medidas de obrigado cumprimento para as persoas vendedoras, que estarán suxeitas a unha serie de normas protocolarias de sanidade como levar máscara, garantir dous metros de distancia entre eles e a clientela, desinfectar e limpar frecuentemente a maquinaria empregada ou poñer a disposición da clientela luvas e líquido hidroxel, entre outros. Pero tamén as persoas usuarias destes mercados deberán garantir a separación entre eles, en todo momento, de dous metros de...
leer másO Concello de Burela organizará varias actividades os días 6 e 7 de xuño ao non poder celebrar as festas patronais debido ao Covid-19. O sábado haberá pasarrúas de cinco a oito da tarde a cargo de Dambara e as súas agrupacións de gaiteiros. O domingo a Banda de Santo Inocencio interpretará a Salve Mariñeira a carón do barco museo Reina del Carmen. Esa actuación gravarase e colgarase nas redes sociais. E finalmente o martes, 9 de xuño, terá lugar a ofrenda floral aos falecidos no mar.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “dada a situación que todos coñecemos respecto ao virus que nos cambiou os plans de todo tipo, incluídas as festas, en Burela se suspenderon como en todos os sitios. Ademais eran as primeiras do verán, entón eramos os primeiro que tíñamos que tomar decisións. Non sei si en agosto ou en setembro ao mellor se poden...
leer másO mercado semanal de Foz volverá mañá, martes, cos postos de todos os sectores que había habitualmente antes da pandemia de Covid-19. Ademais de alimentación, haberá roupa, calzado, etcétera. Pero seguirán as mesmas medidas contra o coronavirus que houbo no da semana pasada.
O alcalde focense, Fran Cajoto, anunciou que “este martes haberá o mercado tradicional de Foz xa con todos os postos que había antes da crise sanitaria e que vendía roupa, calzado, … Pero nese sentido quero recordar que non se poden manipular os produtos pois deben ser os propios vendedores, cos seus equipos de protección individual, os que nos acheguen esas prendas ou ese calzado. E temos que ter todas as precaucións necesarias: gardar sempre a distancia mínima de seguridade de 2 metros con outros posibles clientes, non achegarnos ao mostrador do posto ata que non nos...
leer másOs técnicos de turismo do xeodestino da Mariña Lucense mantiveron unha reunión telemática para compartir cuestións relacionadas coa volta da actividade nas oficinas de información turística, cando sexa posible neste período de desescalada. Avogan por extremar as medidas de hixiene e por retirar os folletos para autoconsumo e apostar, sempre que sexa posible, polo formato dixital a través de códigos QR. A xuntanza foi coordinada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense.
A axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Tania Hermida, sinalou que “en moitas ocasións a primeira impresión que os/as turistas reciben dun destino é o das oficinas de turismo e, hoxe en día, lograr transmitir aos visitantes un destino seguro é fundamental. Considerouse acertado comezar a reflexionar sobre este aspecto de forma...
leer másLa asociación Bágoas da Terra, organizadora de la Mostra Folklórica Internacional de Viveiro, conjuntamente con la alcaldesa María Loureiro, anunciaron su decisión de aplazar a 2021 la XLII edición de este evento que estaba previsto celebrar del 5 al 10 de agosto de 2020.
Este colectivo comunica que no fue fácil decidir este aplazamiento, pero cree que en estos momentos la situación económica y sanitaria que estamos viviendo a causa del Covid-19 hace que sea lo más prudente.
La asociación viveirense dice que, cuando todo esto pase, retomará la iniciativa con más fuerza e ilusión si cabe y celebrará la XLII edición de la Mostra en 2021, a la vez que recuerda que el evento se viene realizando ininterrumpidamente desde 1979. Bágoas da Terra concluye su comunicado asegurando que volverán a llenar las calles de Viveiro...
leer másUn evento más que se suspende. La pandemia del Covid-19 ha ocasionado la suspensión de la LVII Feria de Muestras de Vegadeo, que se iba a celebrar el próximo mes de junio. La organización lo comunicaba en las últimas horas: “lamentablemente y con mucho pesar, comunicamos que este año, y por primera vez en la historia de la Feria de Muestras, no va ser posible su celebración en la fecha programada. Las circunstancias actuales, nos imponen lo que estamos convencidos es el mejor criterio, la suspensión de esta edición”.
Y añaden: “el próximo año la celebraremos doblemente en compañía de nuestros seres queridos. A CUIDARSE....!!”.
Las pérdidas económicas que esto supondrá para Vegadeo y los municipios de su entorno y para los expositores, que año tras año se dan cita en La Silvallana, serán cuantiosas.