O Valadouro celebra a festa da Santa Cruz do 25 ao 27 de abril

O Valadouro celebrará a festa da Santa Cruz desde o día 25 ata o 27 de abril.

As actividades comezarán o venres 25 a partir das 22:00 horas cunha cea popular. Ao remate haberá verbena amenizada por Grupo Fénix e Discomóvil Conxuro.

O sábado celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Salsarena, que tamén amenizará a verbena xunto á Discomóvil Conxuro.

E o domingo haberá misa solemne ás 13:00 horas e a continuación procesión e sesión vermú a cargo de Os Parentes.

A organización dos festexos anuncia que haberá carpa e inchables para os nenos/as.