O Concello de Alfoz organiza actividades o 26 de abril para celebrar o Día do Libro

O Concello de Alfoz anuncia: “o vindeiro 26 de abril temos unha tarde chea de diversión, contos e sorrisos na Casa da Cultura de Alfoz, pensada para os máis pequenos e as súas familias”.

De 16:30 a 19:30 horas haberá Xogos no Día do Libro, que consistirá en “actividades variadas para gozar dunha tarde moi entretida”. E ás 19:30 horas, espectáculo Un libro baixo a almofada, da man de Caxoto, “ideal para público infantil e familiar”.

Son actividades para nenos e nenas de 3 a 12 anos, completamente de balde. Para asistir non fai falla inscrición.