Xove acolle o XIII festival folclórico infantil de Saíñas este sábado, 8 de xuño

O salón de actos do Concello de Xove acollerá a décimo terceira edición do festival folclórico infantil que organiza a asociación cultural Saíñas. Será este sábado, día 8 de xuño, ás 18:00 horas.

Neste evento o grupo infantil Xoaniña, da asociación cultural Saíñas, estará acompañado polo grupo Mistura, de Lieiro (Cervo).

Os organizadores anuncian que “será unha tarde chea de diversión e alegría para todos”.