O grupo de sendeirismo da ACD Xove realizará este domingo, 17 de maio, a ruta "O Camiño da República", por terras de A Fonsagrada.

O grupo de sendeirismo da ACD Xove realizará este domingo, 17 de maio, a ruta "O Camiño da República", por terras de A Fonsagrada.
 
O vindeiro domingo, 17  de maio, o grupo de sendeirismo de ACD.XOVE,  organiza a terceira ruta deste ano. Esta vez o grupo vai a desprazarse á comarca de A Fonsagrada (Lugo) e a ruta que se vai face  é "O Camiño da República". Con saída na aldea de Liñares de Bidul, e chegada á praia fluvial de Pena do Inferno. A ruta percorre por unhos paraxes impresionantes, que teñen como protagonista o rio Navia e o encoro de Grandas de Salime.
Asimesmo un gran parte da ruta é por unha antiga carretera sin acabar, que se empezou a facer no ano 1928 e deixou de facerse no ano 1936 ao dar comezo a guerra civil. Esta carretera, que pretendía unir a Fonsagrada, con San Antolín de Ibias en Asturias, foi chamada como a Carretera da República. Centos de obreiros fixeron a man esta gran obra de enxeñería para aquela época, e que quedou no olvido. O grupo fará outra pequena ruta para coñecer a Seimeira de Vilagocende, a fervenza mais grande e espectacular de Galicia.
 
PROGRAMACIÓN DOMINGO DIA 17 DE MAIO
Ruta: "O Camiño da Republica"
Distancia: 18 km
Dificultade: Media-Baixa
Saída en Autobús: dende  o Centro Civico de Xove.
Hora: 8:00h,. da mañan.
Prezo:  Socios Federados: 12.-€ 
Socios  con Seguro Deportivo: 14,.€
Non Socios Federados: 15.-€
Non Socios con Seguro Deportivo: 17.-€
Comida: Bocatas (por conta propia)
Información e Inscricions: Piscina Municipal de Xove ou no telefono 618 97 61 59
Data tope: 14 de Maio as 10 da mañá.