Mañá, 23 de maio, vaise celebrar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XXII Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica, unha das competicións deportivas de rítmica con máis soleira da provincia de Lugo. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, vai comezar ás 17:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, coa presenza de 7 equipos: as Escolas Municipais de: Xove, Vilalba e Begonte, a E. X. Porta Norte de Burela/Ribadeo, o C. Filigrana de Lugo, o C.X.R. Porta Norte de Viveiro e o C. Violeta de Baamonde.