O Grupo de Sendeirismo de ACD Xove iniciará a ruta do Camiño dos Faros o vindeiro domingo, 12 de abril. Será o treito comprendido entre Malpica e o Faro de Nariga.

O Grupo de Sendeirismo de ACD Xove iniciará a ruta do Camiño dos Faros o vindeiro domingo, 12 de abril. Será o treito comprendido entre Malpica e o Faro de Nariga.
 
O vindeiro domingo,12  de abril, o Grupo de Sendeirismo de ACD.XOVE, organiza a segunda ruta deste ano. Segundo explican desde a organización "a ruta que se vai facer é pola Costa da Morte, a primeira etapa da denominada O Camiño dos Faros. Trátase dunha ruta de Gran Recorrido (GR) de 200 km. e que vai dende Malpica de Bergantiños ata o Cabo Fisterra, todo pola Costa da Morte, seguindo os Faros. Nesta saída empezaremos no Faro do Porto de Malpica e percorreremos 20 km. de Costa ata chegar o Faro de Nariga. A ruta pasa polo Cabo San Adrian, enfronte das Illas Sisargas, e por 6 preciosas  praias, como son a de Beo, a de Seiruga ou a de Barizo. O final desta ruta será no espectacular Faro Nariga. Un  faro-monumento feito polo arquitecto, Cesar Portela. O entorno está cheo de maxia, pois existen grandes formacions rochosas, das mais variadas formas".
 
PROGRAMACION DOMINGO DIA 12 DE ABRIL
Ruta: Malpica - Faro de Nariga
Distancia: 20 km
Dificultade: Media
Saída en Autobús: dende  o Centro Civico de Xove.
Hora: 7:30h. da mañan.
Prezo:  Socios Federados: 12 €. Socios con Seguro Deportivo: 14 €. Non Socios Federados: 15 €. Non Socios con Seguro Deportivo: 17 €.
Comida: Bocatas (por conta propia)
Información e Inscricións: Piscina Municipal de Xove ou no telefono 618 97 61 59. Data tope: 9 de abril ás 10 da mañá.