Este domingo,10 de maio, celébrase no pavillón municipal de Xove o Campionato Provincial de Patinaxe Artística Xove 2015.
Neste campionato van participar as seguintes entidades: Escola Municipal de Chantada, Club Concello de Chantada, ED.Lourenzá, Club Campelas de Escairón, Escola Municipal de Monterroso e ACD.XOVE.
As preparacións darán comezo ás 10:30 horas da mañá, co quentamento e toma de contacto coa pista de todos os equipos participantes. Será a porta pechada, para as 12:30 horas dar comezo o Campionato Provincial.
O evento é organizado pola ACD.XOVE, e colaboran o Concello de Xove, Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Patinaxe, a Deputación Provincial, a Fundación Alcoa, e o Eroski City de Xove.
A entrega de Trofeos correrá cargo do Xefe do Servicio Provincial de Deportes, do Alcalde de Xove, e da Concelleira de Deportes.
Os mellores patinadores da provincia estarán este domingo en Xove, todo un espectáculo, en destreza, vestimenta, posta en escena e coreografía.