Teatro
20/11/2015
Dende a delegación de Cultura do concello de O Valadouro que dirixe o nacionalista Eduardo Chao, seguen programando actividades ao longo das fins de semana. Mañá, sábado 21, tócalle o segundo turno a un grupo de teatro da bisbarra, dentro do programa Buxiganda da Deputación Provincial de Lugo, o grupo de teatro Ardora, que dirixe e no que actúa María Paz Silva, representará unha obra orixinal do polifacético Francisco Piñeiro e que leva por título "Soños Cumpridos". A actuación terá lugar o sábado, 21 de novembro ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de O Valadouro. A entrada será de balde.
18/11/2015
A concelleira de Cultura de Foz, Silvia Blach, deu conta esta mañá das actividades culturais das que poden gozar os veciños e visitantes do municipio durante os próximos días. Inclúen propostas como teatro, exposicións, un certame de postais de Nadal e a continuación das charlas médicas iniciadas o pasado xoves.
“Mañá, día 19, seguimos coas charlas médicas, que xa comezamos o xoves da semana pasada. É as 20 horas na Casa da Cultura e falaremos dos coidados ao final da vida, os coidados paliativos. Para iso imos ter á doutora Belén Fra e á enfermeira Mar Pérez, que nos falarán do que hai que facer. Teremos unha quenda de preguntas para que a xente poida formularllas aos facultativos e lles expliquen todas as súas dúbidas”, comentou a concelleira Silvia Blach.
... leer más 12/11/2015
O Grupo Hipócrita Teatro de Lugo actuará este sábado, 14 de novembro, no auditorio da Casa da Cultura de Burela, a onde levará a súa obra Emperador, que pensas? Fala!. A peza, representada a partir das 20 horas, é apta para todos os públicos e a entrada é libre. A sesión teatral está organizada pola Delegación de Cultura de Burela e forma parte do proxecto Buxiganga, que a Deputación Provincial achega aos concellos.
Hipócrita Teatro naceu en Lugo en novembro de 2004. Ata o 2009 dirixiu as súas montaxes Guillermo Cancelo, entre elas O achado do castro, de Manuel Núñez Singala (2005), Miserere, un drama sobre a violencia de xénero, estreado en Lugo en novembro de 2005, ou Deuses e Die Irae, espectáculos creados para a festa romana Arde Lucus.
Dende 2010, a compañía estreou tres novos espectáculos dirixidos por Carlos Rebolo. Son Homes en escabeche,...
leer más 10/11/2015
O colectivo Ollomao, de Barreiros, representará en Viveiro o sábado, 14 de novembro, “Oé, oé, oé!!”. Será no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas. A actuación enmárcase dentro do programa Buxiganga da Deputación Provincial de Lugo.
Veranio, Toñito e Amancio son personaxes familiares, grotescos e tenros, que irremediablemente sempre acaban chegando ao fondo das cousas. Os tres queren escapar dunha realidade frustrante e enterran a súa amargura no fútbol, posiblemente porque xa non cren en nada, nin se senten representados por ninguén.
O fútbol que é un bo pretexto para escaparlle ao serio, convértese así en algo esencial para aqueles que empezan...
leer más 09/11/2015
Os actos terán lugar no local social e comezarán a partir das 19.00 h, con unha obra de teatro, a cargo do grupo Falcatrueiros coa obra “Clownvento”, unha obra incluída no programa Buxiganga da Deputación de Lugo, con entrada libre.
De seguido, poderán degustar castañas (1 €/ración) acompañadas dun bocata de panceta (1,50 € socios e 2,50 € non socios).
Aínda que a programación é similar á de outros anos… este ano será diferente!!! E ata aí podemos ler… Dende a Asociación de veciños do burgo de Trasbar animan a toda a xente a participar deste magosto.
O colectivo tamén...
leer más 08/11/2015
A Rede de Voluntariado Local e o Departamento de Servizos Sociais do Concello organizan para o vindeiro 14 de novembro o IV Encontro Interxeracional, un encontro no que persoas de todas as idades poderán gozar de múltiples actividades de tempo libre e obradoiros, ademais dun xantar conxunto.
A cita, que se celebra con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, comeza ás 12 horas no Canteiro, en San Pedro de Benquerencia, e rematará ás 19 horas. A programación comeza cunha mostra e obradoiros de artes plásticas e actividades de tempo libre. Ás 14 horas iníciase a comida, concibida como un momento de confraternización. Os participantes deben traer a súa propia cesta e mantel.
06/11/2015
O auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián acollerá mañá, sábado, ás 19:30 horas unha representación teatral dirixida ao público infantil.
O grupo de teatro Érase unha vez ofrecerá a obra titulada Mercados revoltos. É para todos os públicos e con entrada gratuíta.
04/11/2015
O grupo humorístico Trípode, de Alfoz, actúa este venres, 6 de novembro, en Burela dentro do programa do ciclo Tetro no Outono. A representación terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura ás 21 horas. É válida para todos os públicos e a entrada é libre.
A peza escollida para a ocasión é Xuízo Anticorrupción, unha obra que conta o rocambolesco xuízo a Tubérculo Fernández, alias Pataco, o maior delincuente coñecido. Son varios os cargos que demostran que é un home corrupto e aproveitado, que só pensa en facer chanchullos e vivir do conto. Pataco é acusado de roubo, de dar sobres e de regalar traxes para conseguir favores. Varias testemuñas escollidas de entre o público son chamadas para testificar contra o acusado. Son Pirindolo...
leer más 04/11/2015
O Concello leva espectáculos teatrais de pequeno formato e para todos os públicos ás parroquias do rural. O actor clown Peter Punk estará en cinco lugares nos vindeiros días. Este sábado, 7 de novembro, estará na escola de Piñeiro ás 17 horas e ás 20:30 horas na escola de Ove. E o domingo, 8 de novembro, estará no Teleclube de Santalla.
Xa o 12 de novembro Peter Punk actuará ás 17 horas na escola de Couxela e ás 20:30 horas na escola de Vilaframil.
Estas actividades enmárcanse na programación cultural do Concello de Ribadeo para o último trimestre deste ano 2015.
03/11/2015
O grupo de teatro A Adala, de Fazouro, levará este domingo, 8 de novembro, a súa peza Sen seu amor ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros.
A representación, que comeza ás 18 horas, está organizada pola Concellería de Cultura e forma parte do proxecto teatral Buxiganga, patrocinado pola Deputación de Lugo.