Teatro
06/10/2015
Axóxeres 2015, proxecto da Rede de Dinamización Lingüístia da Xunta, trae a Viveiro “A festa da música, dos xogos e das palabras. Encontros para xente miúda da cada”, da compañía Elefante Elegante.
O espectáculo está dirixio a nen@s con idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos. A inscrición está aberta no teléfono 697 363 089. As prazas son limitadas.
A representación terá lugar o vindeiro domingo, 11 de outubro, ás 18 horas no Teatro Pastor Díaz.
05/10/2015
A Casa da Cultura de Burela acollerá nos próximos meses a programación teatral de outuno que comeza este mesmo venres, 9 de outubro, ás 21 horas cunha obra do grupo Axúxeres, de Vilaronte, Foz. Así o anunciou o concelleiro de Cultura, José Díaz, que tamén lembrou que este sábado, día 10 de outubro, chega a Burela o musical Peter Pan, que tivo que ser aprazado por enfermidade dos actores hai unhas semanas.
O edil socialista relatou que “cerramos varias obras de grupos de teatro locales. Tenemos la suerte de tener muchos por aquí en A Mariña, es una zona como sabe todo el mundo muy aficionada al teatro. Hay un montón de grupos y varios estarán aquí en Burela. Aparte, desde el programa Buxiganga, de la Diputación de Lugo, también nos facilitan que vengan dos obras de teatro...
leer más 02/10/2015
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, presentou este mediodía a axenda cultural para o último trimestre deste ano, que inclúe teatro, concertos, exposicións e actividades para o público infantil. O ciclo Músicas Posíbeis traerá a Ribadeo a Caxade, Dora de Maríns e Pres de Cambral e haberá teatro nas parroquias en Piñeiro, Ove e Santalla, entre outras moitas citas.
O edil nacionalista subliñou que “vai ser un trimestre con moita actividade, como caracteriza a Ribadeo, destinada a que as xentes que vivimos a longo de todo o ano aquí poidamos seguir gozando da actividade cultural: teatro, música, exposicións, … Seguirá habendo tamén presentacións de libros, que levarán a cabo diferentes asociacións, que xa por elas mesmas na súa...
leer más 30/09/2015
A asociación de veciños do Burgo de Trasbar, logo de dedicar o verán a organizar as festas patronais, comeza esta fin de semana a abrir o local social para que os veciños podan pasar as tardes das fins de semana. O horario de apertura será o mesmo de sempre, os sábados a partir das 18.00 h e os domingos a partir das 17.00 h. Este horario mantense ata finais do mes de xuño.
Con motivo da apertura do seu “curso”, contarán cunha obra de teatro, que terá lugar este sábado, 3 de outubro, no local social de Trasbar, ás 19.00 h, a cargo do grupo Pico do Castro coa obra “De vello gaiteiro”, unha obra incluída no programa Buxiganga da Deputación de Lugo, con entrada libre.
Esta fin de semana comeza tamén o prazo para inscribirse nos campionatos de tute e de parchís que...
leer más 28/09/2015
Un novo grupo teatral vai nacer no concello de Foz. En concreto, na parroquia de San Martiño. Trátase do Grupo O Centiño, que o vindeiro 24 de outubro vai estrear a súa primeira obra, titulada "O caldeiro máxico". A estrea terá lugar no local que a veciñanza de San Martiño ten en Ferreiravella. Logo o grupo actuará, dentro do programa Buxiganga, nos concellos de Alfoz, Begonte e Ferreira de Pantón.
21/09/2015
O grupo de teatro O Pico do Castro, de Foz, levará a escena a súa obra O consultorio este venres, 25 de setembro, na Casa da Cultura focense. A cita é as 21 horas e a entrada é gratuíta.
Esta actividade conta coa colaboración da Delegación de Cultura do Concello de Foz.
14/09/2015
O espectáculo Os Bolechas na máquina do tempo estará en Burela no Auditorio Municipal este sábado, 19 de setembro, ás 18:30 horas, dentro da campaña FalaRedes. A actividade está organizada pola Delegación de Cultura, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, que busca promover o uso do galego entre os cativos.
O espectáculo, gratuíto, traballa conxuntamente o formato de monicreques manipulados por actores á vista con actores reais, que dan vida aos Bolechas adultos e ao Dr. Apolodoro. Aínda que se trata dunha proposta de lecer para toda a familia, os contidos están especialmente adaptados a escolares de educación infantil e primaria. A entrada é gratuíta ata completar a capacidade do espazo onde se desenvolva a actividade en cada localidade. A duración media da función está arredor dos 60 minutos.
A representación comeza co...
leer más 09/09/2015
A Concellería de Cultura prepara o primeiro taller de teatro gratuíto, que se desenvolverá durante o mes de outubro e ao que poderán anotarse as persoas interesadas de máis de 6 anos, sen límite de idade. O número máximo de participantes será de 20 persoas.
O edil de Cultura, José Díaz, explicou hoxe que “estamos terminando las bases del primer taller de teatro del Concello de Burela, organizado por la Delegación de Cultura. Será un taller gratuito, con una duración de un mes, durante octubre, y 30 horas de formación actoral. El responsable de impartirlo será Juan Villarino, que tiene una amplia trayectoria teatral, bastante importante, en cuanto a asistir como alumno a cursos de interpretación con Manuel Lourenzo, Rosalía Castro, Carlos Blanco o Quico Cadaval. Es una...
leer más 28/08/2015
O Valadouro comeza este luns, 31 de agosto, a súa tradicional cita co teatro na semana previa ás Festas do Oito. Organizadas pola Concellaría de Cultura de O Valadouro, este ano chegan á súa 30ª edición reunindo a cinco grupos de teatro afeccionado, todos procedentes da Mariña menos un.
Todos os espectáculos serán gratuítos e celebraranse ás 22 horas no salón de actos do centro socio-cultural Manuel Lourenzo, en Ferreira.
A Semana do Teatro comeza o luns 31 coa representación de Os trillizos de Socorro, a cargo de Faro-Miño, de Chantada. O día seguinte, 1 de setembro, é a quenda de Igualdade Virtual, que levará a escena o grupo O Batán, de Cangas de Foz. O día 2, A Adala de Fazouro representa Unha morta… moi viva e o día 3 Axóuxeres...
leer más 25/08/2015
O musical Peter Pan y el libro mágico chega a Burela o sábado, 29 de agosto, como complemento ás actividades da Feira do Libro. Así o anunciou José Díaz, o concelleiro de Cultura, que destacou a calidade desta montaxe, que chega logo do éxito acadado en Burela este mesmo verán por Toy, The Story.
O edil socialista explicou que “se trata de la misma compañía que nos trajo aquí el musical anterior, que tuvo mucho éxito tanto a nivel de público como de calidad, según lo que la gente opinaba después, y por eso decidimos traer este otro musical. Este es aún de mayor calidad, cuenta con un reparto de cantantes y actores mejor que Toy, The Story y, por ahora, solo se está moviendo por ciudades grandes”. José Díaz considera que “es un lujo que podamos disfrutar de él en el...
leer más