Camovi

Etiquetas:
16/04/2024

A Delegación Territorial da Xunta acolleu hoxe a presentación da carreira por montaña polos montes de Viveiro Camovi – Gran Premio Xacobeo, que chegará á súa 13ª edición a vindeira fin de semana – sábado 20 e domingo 21 de abril –. A Administración galega patrocina un ano máis esta cita, organizada polo club deportivo Camovi.

A secretaria territorial da Xunta en Lugo, Marta Barreiro, participou na presentación xunto co xefe do servizo de Deporte, Manuel Otero; a xefa da área de Turismo, Paloma Vázquez; o presidente da Camovi, Felipe Martínez; un dos organizadores da carreira, Horacio Albo; ademais de representantes doutras institucións implicadas no evento.

A carreira suma 900 inscritos nas distintas modalidades: distancias de 42, 21 e 10 quilómetros; carreira de remudas de 42 quilómetros; andaina e Camovi Kids,...

leer más