Teatro
09/03/2016
O Concello de Mondoñedo organiza este sábado, 12 de marzo. unha homenaxe ao músico Manuel Araújo, polo 25 aniversario do seu pasamento. O acto será ás 20:00 horas no auditorio municipal Pascual Veiga da localidade e estará presentado por Fran Bouso.
O edil de Educación, Alberto García, explica que o programa inclúe unha exposición fotográfica sobre Manuel Araújo de quen destaca que “inculcou a música a rapaces e rapazas do seu barrio”. Toño da Tasca foi o encargado de ceder o material fotográfico sobre o artista e o cronista oficial de Mondoñedo, Antón Reigosa, fará unha breve reseña bibliográfica do músico mindoniense.
Os asistentes poderán desfrutar...
leer más 09/03/2016
O grupo humorístico Trípode representará "Apedreando" na Casa da Cultura o vindeiro venres, 11 de marzo, a partir das 21 horas. Trátase dunha peza para todos os públicos con entrada libre.
"Apedreando" céntrase nos problemas xerados por unha concentración parcelaria: “Hoxe vaise celebrar unha reunión da concentración parcelaria. Está convocada para que o enxeñeiro Mariano Castro Carballeira escoite as reclamacións dos veciños respecto á redistribución de fincas, con vistas a iniciar canto antes o apedreiramento das mesmas. Salustio e Nicandro acuden á mesma moi enfadados, un co outro, por mor dunhas lindes. Varias persoas do público serán reclamadas por ambos veciños para apoiar as súas teorías. As discusións tratarán sobre fincas...
leer más 08/03/2016
A Sala Bahía, de Foz, acollerá este sábado, día 12, ás catro e media da tarde unha representación de teatro infantil organizada pola Delegación de Cultura do Concello focense.
A compañía Eme2 ofrecerá a obra teatral con monicreques titulada Jim e a Illa do Tesouro. Está dirixida ao público infantil a partir de 5 anos e ten unha duración de 60 minutos. Os prezos das entradas son de 1,5 euros para os nenos e nenas e de 2,5 euros para os adultos.
07/03/2016
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá este vindeiro domingo, día 13, ás oito da tarde unha representación teatral organizada pola Concellería de Cultura. O grupo Pico do Castro, de Foz, representará a obra titulada "De vello gaiteiro".
03/03/2016
El polifacético artista estrenará su último espectáculo titulado “El Mundo de la Tarántula”. Éste es el título del libro autobiográfico que verá la luz el próximo día 16 e inspira este nuevo trabajo aunando humor y música.
Inicialmente estaba previsto que el día 19 actuara en Ribadeo Alex Ubago, pero este concierto ha quedado aplazado para el día 28 de mayo a las 21 horas en el Auditorio Municipal. Próximamente se pondrán las entradas a la venta.
Las entradas para el concierto de Pablo Carbonell se pondrán a la venta la próxima semana y se podrán adquirir anticipadamente en la Agencia de Viajes Alandrina Tours de Ribadeo y en...
leer más 03/03/2016
A Delegación Municipal de Cultura, dentro da súa programación cultural para este trimestre, presenta á compañía Limiar Teatro coa obra Don Quixote, unha comedia gastronómica. A representación conta co patrocinio da Concellería de Cultura da Xunta de Galicia, a Rede de Teatros e Auditorios e da propia AGADIC. O acto terá lugar ás 17:30 horas deste sábado, 5 de marzo, na Casa da Cultura. E a entrada será de 2´50 euros para todos os públicos.
Limiar Teatro naceu a finais de 2009 e dende entón ven de realizar máis de cen funcións por toda a península cos seus espectáculos. Co primeiro “Os 4 da Xunqueira”, un infantil en coproducción con MAO e o Centro Dramático Galego realiza unha xira de máis de 60 representacións. Co segundo “Verbum...
leer más 01/03/2016
Este venres, día 4, representarase en Burela a obra Amigos ata a norte, de Javier Veiga. Os que se acheguen ata a Casa da Cultura poderán disfrutar do traballo de David Amor, Ledicia Sola e de Touriñán.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, asegurou que “esta obra está recorriendo Galicia con una taquilla tremenda llenando prácticamente todos los teatros en los que están”. O edil socialista salientou que “están como intérpretes David Amor, Ledicia Sola y Touriñán. El director es Javier Veiga, que es otra persona muy conocida del mundo del espectáculo aquí en Galicia y también a nivel nacional que estuvo presentando El Club de la Comedia. Díaz sinalou que Amigos ata a Morte es una obra de teatro buenísima con una puesta en escena...
leer más 26/02/2016
Este domingo, 28 de febreiro, o Auditorio Municipal Hernán Naval acollerá o espectáculo "Xoga", da compañía Cía.Entremans. “Unha oportunidade para descubrir como eres e saber de que estás feit@. Un encontro didáctico que conxuga espazo escénico, audiovisual, música e danza. Diversión, unión e espectáculo. Unha viaxe desde a imaxinación ao coñecemento”, explican.
Aqueles e aquelas que necesiten sentir o ritmo teñen unha oportunidade única. O espectáculo comezará ás 17:30 horas con entrada única a 3 euros.
16/02/2016
A compañía Sarabela Teatro presenta este domingo, 21 de febreiro, en Ribadeo a súa última montaxe, unha versión da obra “Ensaio sobre a cegueira”. A representación terá lugar no Auditorio Municipal de Ribadeo ás oito e media da tarde.
Esta adaptación da famosa novela do premio Nobel José Saramago ven percorrendo os escenarios de Galicia dende o pasado mes de setembro. Está dirixida por Ánxeles Cuña e interpretada por Fina Calleja, Sabela Gago, Vicente Montoto, Fernando Dacosta, Xavier Estévez, Josito Porto, Elena Seijo, Nate Borrajo e Jorge Casas.
Esta representación inclúese nas actividades programadas para este mes de febreiro pola Concellaría de...
leer más 16/02/2016
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o sábado a representación de “Xoga”, a cargo de Entremans. O espectáculo de danza contemporánea, dirixido a nen@s de máis de 3 anos, durará 50 minutos. Será ás 18:00 horas.
"Xoga" é un espectáculo para descubrir como es e saber de que estás feit@. Un encontro didáctico que conxuga espazo escénico, audiovisual, música e danza, diversión, unión e espectáculo, unha viaxe dende a imaxinación ao coñecemento.