Teatro
05/08/2015
A praia urbana do Portelo, en Burela, será o escenario da obra teatral Cámping Gas da compañía Os Trocos, de Castro Ribeiras de Lea. A representación terá lugar o próximo venres, 7 de agosto, ás 19:30 horas. A actividade será gratuíta.
Así o anunciou o concelleiro de Cultura, José Díaz, que tamén destacou o carácter pioneiro desta iniciativa: “vamos a tener en la praia de O Portelo teatro al aire libre, una actividad totalmente novedosa aquí en A Mariña. Algo se hizo por las Rías Baixas, pero aquí no se había hecho nunca esto. La idea surge porque la compañía Os Trocos, de Castro Ribeiras de Lea, me ofrece traer a Burela esta función. Por el título de la obra, Cámping Gas, y porque va sobre una familia que se va a playa y toda la historia se desarrolla en un arenal les...
leer más 15/07/2015
O vindeiro domingo, 19 de xullo, arrinca a programación cultural do Eido Dourado, en Barreiros. Será unha representación teatral a cargo do mariñán Manuel Lourenzo, segundo deu a coñecer no día de hoxe o artista Celso Dourado.
Dourado explicou que “esta tempada vai arrincar o domingo, 19 de xullo, a partir das 22 horas nos xardíns do Eido Dourado, cunha representación teatral a cargo de Manuel Lourenzo, que é unha personalidade sumamente coñecida dentro da escena teatral. A obra que vai representar está promovida polo club de teatro Elsinor e leva por título A técnica do taratantanleo. Podemos dicir que é unha transición no mundo de Otero Pedrayo o cal é un referente, está interpretada e dirixida por Manuel Lourenzo e conta coa colaboración de Xosé Martínez, autor da...
leer más 24/06/2015
San Martiño acollerá este venres, día 26, unha representación do grupo A Adala incluída dentro do primeiro Ciclo de Teatro de Primavera nas Parroquias, organizado polo Concello de Foz.
Será no local social da parroquia de San Martiño ás 21 horas con entrada gratuíta. A Adala representará a obra titulada Apreta pero non afoga.
Antes da representación recolleranse doazóns para o Banco de Alimentos de Foz.
19/06/2015
O VII Encontro no Eido Dourado terá lugar o vindeiro 27 de xuño. No acto, co que arrincará a nova tempada deste espazo dedicado ao arte, daranse cita a música, a poesía e o teatro, segundo deu a coñecer neste xornada o artista Celso Dourado.
Dourado contou que “estamos ultimando os detalles e coordinando todas as intervencións. Cada ano que pasa súmanse máis e máis amigos e a verdade é que non sabemos como vamos facer para darlles cabida, polo que estamos cos últimos preparativos”.
O artista barreirense indicou que “este sétimo Encontro no Eido Dourado, que dará comezo ás 8 da tarde do vindeiro 27 de xuño, sábado, vai ter como cabeceiro a poesía alternativa e musicada feita en galego. Neste apartado dalgunha maneira a voz cantante...
leer más 19/06/2015
Mañá, 20 de xuño, haberá zarzuela en Ribadeo. O espectáculo Viva a zarzuela!, a cargo da Coral Polifónica Santa María de Cambre, dará comezo ás 20:30 horas no Teatro. O prezo da entrada é de 3 euros.
Forman parte do devandito espectáculo, que dirixe Luisa Armesto, a mezzosoprano Mª José Ladra e a pianista Zita Tanasescu.
Os asistentes poderán disfrutar de fragmentos de: La gran vía, Las leandras, Marina, Luísa Fernanda, La rosa del azafrán…
17/06/2015
O domingo, 21 de xuño, haberá unha nova sesión de teatro no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. A compañía 3DTrans porá en escena “Ride, ride…”!. Será partir das 19 horas.
Sabela Amado, Cristina Mariño e Cristina Moreira levan ao teatro sketchs cos que gañaron o concurso Os humorosos da Televisión de Galicia. “Ride, ride…”! é un espectáculo de risas, relaxación subxectiva e parodia sobre un episodio da vida de tres actrices.
A representación enmárcase dentro do programa Cultura no Camiño 2015, da Xunta.
11/06/2015
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acollerá este domingo, 14 de xuño, unha representación teatral. Os Sete Magníficos + 1porán en escena Bilvalvos coma galegos. Pedro Brandariz e Fran Rei, habituais do programa Luar da TVG, mostrarán un espectáculo cómico, retranqueiro e irónico, o sentido do humor dos galegos e a súa posta en práctica en situacións cotiás.
A obra de teatro, que se enmarca no programa Cultura no Camiño 2015, dará comezo ás 19 horas. Está organizada polo Agadic e a Xunta de Galicia, que contan coa colaboración da Concellería de Cultura barreirense e da Oficina de Información Xuvenil.
03/06/2015
O cine volve ao Teatro!
O Teatro de Ribadeo vólvese converter nun cine para acoller a representación de “Soños dun sedutor”, de Woody Allen, a cargo da compañía Tolemia Teatro.
Despois de 3 anos en cartel, nos que tanto a montaxe como os actores e actrices resultaron galardoados en diversos certames, escollen Ribadeo para despedirse do público.
Non faltedes, pasarédelo de cine!
O prezo da entrada será de 2 euros. A representación dará comezo ás 20:30 horas.
13/05/2015
Este domingo, 17 de maio, haberá teatro e música en Barreiros. O grupo A Adala representará pequenas pezas teatrais. E a Coral Polifónica de Barreiros interpretará varios temas: O voso galo comadre, Lela, Velaí vai e Meu amor é mariñeiro.
A actividade, organizada pola Concellería de Cultura e Xuventude para conmemorar o día das Letras Galegas, dará comezo ás 19:30 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
11/05/2015
A Asociación Cultural O Castelo de Alfoz está preparando un acto moi especial para celebrar a Festa das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio, que constará de diferentes partes. Para empezar, vén de recuperar o concurso literario "Trulasqui", que organizou hai algúns anos e que se perdera nos últimos. Neste concurso participan rapaces de Primaria e de Secundaria. O acto cultural do día 17 terá lugar na Casa da Cultura de Alfoz e comezará ás 18,30 horas e nel incluiranse as seguintes cousas.
1. Conferencia sobre a vida do escritor galego homenaxeado este ano, Filgueira Valverde. Esta conferencia correrá a cargo do profesor e escritor alfocense Lionel Rexes.