Teatro
A Delegación de Cultura do Concello de Foz programa unha exposición de debuxos de Juan A. Mariño Domenech, que se inaugurará o día 14 de maio no CENIMA, e unha obra de teatro que se representará en Cordido o día 17.
O vindeiro luns, 14 de maio, inaugurarase a exposición de debuxo a cores con obras de Juan A. Mariño Domenech. Esta mostra permanecerá na sala de exposicións do CENIMA ata o día 6 de xuño. O horario de visita será de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres.
O xoves 17, Día das Letras Galegas, o grupo de teatro A Adala Infantil presentará Mamasiña que medo! A representación terá lugar no centro social de Cordido, ás 19:00 horas. Organiza a Comunidade de Montes en Man Común da parroquia de Cordido coa colaboración do Concello de Foz. A obra conta a historia dunhas bruxiñas e un ogro grande e temido por...
leer másA Delegación de Cultura organiza varias actividades con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. O día 13 de maio terá lugar unha representación do grupo de teatro O Bordelo, e o día 20 actuarán o Dúo Rosas e a Coral Polifónica de Barreiros.
O grupo de teatro O Bordelo poñerá en escena Depende, unha obra cómico-costumbrista. A representación terá lugar este domingo, día 13, ás 19:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros.
As actividades da Concellería de Cultura de Barreiros con motivo do Día das Letras Galegas continuarán o 20 de maio con dúas actuacións musicais ás 19:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
O Dúo Rosas ofrecerá un concerto de bandurria e guitarra. Esta formación está integrada por Julia María Dopico,...
leer másA Concellería de Cultura presenta na programación para este mes de maio, que xa daba comezo este pasado fin de semana, a actuación o vindeiro venres, día 11, do grupo Mofa e Befa. O sábado a Coral Polifónica de Burela ofrecerá un concerto para conmemorar o seu XXX aniversario e o domingo chegará un novo rastrillo popular solidario e o festival de música e baile de Ledicia. O Concello celebrará o Día das Letras Galegas con varias actividades, entre as que destacan o concerto que ofrecerán Xavier Díaz & Adufeiras de Salitre ás 19:30 horas na Casa da Cultura.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “tendremos este viernes la obra de teatro de Mofa e Befa que se llama Cránios privilexiados ou crítica da razón perralleira. Es una obra humorística. Mucha gente conoce a Mofa e Befa entonces suponemos que tendrá una buena respuesta....
leer másA Concellería de Cultura programa para este venres, 4 de maio, unha representación teatral que correrá a cargo do Grupo de Teatro Andanzas, de Viveiro, que porá en escena a obra Las Entretenidas de Miguel Mihura.
A cita terá lugar mañá no auditorio da Casa da Cultura de Burela ás 21:00 horas. A entrada é libre e para todos os públicos.
A comedia de Miguel Mihura Las Entretenidas estreouse o 12 de setembro de 1962 no Teatro da Comedia de Madrid, e inclúese entre outros dos seus grandes éxitos como Tres sombreros de copa e Melocotón en almíbar.
Ademais este domingo, 6 de maio, a Casa da Cultura de Burela acollerá o Festival de Primavera organizado pola asociación Arume.
O evento dará comezo ás 18:30 horas e os grupos invitados serán Amado Lar e Osorio Gutiérrez. A...
leer másO concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anima a asistir a estas citas.
O edil ribadense contou que “logo da presenza do grupo Ollomao en Rinlo, este pasado domingo, o ciclo Cultura nas parroquias fai unha pequena maratón por outros lugares esta fin de semana”.
Farruco Graña explicou que “dúas compañías representan tres espectáculos. Por unha banda, Rilo & Penadique, e pola outra uns vellos coñecidos en Ribadeo, Os sete magníficos máis 1. Dúas actrices nun caso e dous actores noutro irán a Couxela, Remourelle, Cinxe, Vilela, Vilaselán e ao Círculo Habanero da Devesa. A maiores, a sesión do domingo pola mañá terá lugar no hospital asilo de Ribadeo”.
Graña dixo que “se van poñer carteis nas parroquias e nos locais onde vai haber actos para que todo o mundo estea enterado”.
... leer másO grupo de teatro A Adala Infantil presenta a obra Mamasiña qué medo!, este sábado, 28 de abril, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de San Ciprián.
Conta a historia dunhas bruxiñas e un ogro moi particulares. Na aldea había un ogro grande e temido pero un día, non se sabe moi ben como, volveuse pequeniño. O morcego que vivía con el saíu a buscar axuda e atopou a unhas bruxiñas ás que lles pediu que fixesen ao ogro outra vez grande. Pero cando intentaron axudar ao ogro non saíu todo como esperaban e volveuse grande de corazón aínda que o seu tamaño seguía a ser pequeniño. Nestas aparece en escena un aposto vampiro do que se namora a bruxiña máis vella, o que fixo que todo o pobo apoiara ao ogro que deixou de ser temido e fíxose amigo das xentes do lugar.
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a representación da obra Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos a cargo de Matrioshka Teatro.
A función, que terá lugar 1 de maio, dará comezo ás 19:00 horas, e inclúese no programa de dinamización lingüística FalaRedes da Xunta de Galicia.
Esta montaxe é un percorrido pola vida e obra de María Victoria Moreno Márquez, autora á que se dedica o Día das Letras Galegas deste ano, e que se describía a si mesma como “unha señora que pasea pola rúa con dous cans”.
A Biblioteca Pública Municipal de Foz comezou a súa Programación das Letras coa visita de 34 nenos e nenas da gardería A Galiña Azul, que xa levaron o novo carné co que poderán acceder a servizos en calquera das bibliotecas que contan co novo programa Koha da Consellería de Cultura.
O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, anuncia que “as actividades continúan este mércores, día 25 de abril, con Trinketrinke Teatro que ofrecerá o espectáculo de contacontos titulado Avós, unha nova aventura dos Ratos de Lonxedetodo. A ratiña Lili Gruyère contaranos como lle axudou á súa avoa hai moitos anos a plantar unha maceira. O ciclo da vida e o respecto debido aos anciáns son os dous temas tratados neste espectáculo, que é para maiores de 3 anos. E o venres, 27 de abril, terá lugar a actividade de dinamización lingüística chamada Enredando con Pakolas,...
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle este venres, 27 de abril, a representación de Nacidas Libres.
A obra, con texto de Cándido Pazó e dirixida por Cristina Domínguez, está protagonizada por Rocío González, Susana Dans, Casilda Alfaro e Mónica Caamaño.
A función dará comezo ás 20:30 horas e o prezo da entrada é de 3 e 5 euros.
E o sábado, 28 de abril, ás 18:00 horas tamén no Teatro Pastor Díaz preséntase a obra Fíos.Trátase dun espectáculo, recomendado a partir de 5 anos, tecido para emocionar, sentir e soñar. O prezo da entrada é de 2 euros.
A Concellería de Cultura de Burela programa para a vindeira fin de semana dúas representacións teatrais e a actuación de Leo Bassi, o domingo 22 de abril, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura.
O venres, día 20, a asociación dramatúrxica Pico do Castro de Foz representará a obra Matías está tolo. Será ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Burela. A entrada será de balde.
A historia conta como Matías esperta no seu apartamento cunha estraña muller que di chamarse Patricia e que asegura que el a convidou a aloxarse por uns días. A situación complícase aínda máis coa aparición de Xiana, a moza que lle interesa, da que está namorado e que ademais é a súa veciña. Matías está decidido a entregarlle todo o seu amor pero súa nai, sobreprotetora en grao extremo, trata de impedilo. Entradas e saídas permanentes caracterizan...
leer más