Saudables
O Concello ribadense e a Asociación Española contra o Cancro de Lugo poñen en marcha as Rutas Saudables os martes e xoves a partires das 9:45 horas. O punto de saída será a Praza de Abastos. Para participar é preciso inscribirse en lugo@contraelcancer.es ou no teléfono 639 26 23 12.
“Esta actividade está destinada a toda a poboación”, segundo explican desde o Concello, que fai unha chamada á participación: “animamos ás nosas veciñas e veciños a realizar estas Rutas Saudables, que consistirán nunha andaina curta de aproximadamente unha hora de duración. Trátase de facer un pouco de exercicio físico co obxectivo de previr enfermidades cardiovasculares, respiratorias ou mesmo o cancro”.
E indican que “a vida sedentaria non é boa para ninguén”.
...
leer másA delegación na Mariña da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organizará roteiros saudables os mércores en Burela.
Previr o cancro, xestionar o cansazo e gañar en saúde serán os obxectivos dunhas camiñadas que darán comezo o mércores 12 cun roteiro que partirá da Casa do Concello e terminará na área recreativa de O Cantiño. Dará comezo ás once da mañá e cubrirá un percorrido de 4,6 quilómetros.
A iniciativa é gratuíta e pódese obter máis información no teléfono 982 250 809 ou no correo electrónico lugo@aecc.es.