A Concellería de Cultura programa para este venres, 4 de maio, unha representación teatral que correrá a cargo do Grupo de Teatro Andanzas, de Viveiro, que porá en escena a obra Las Entretenidas de Miguel Mihura.
A cita terá lugar mañá no auditorio da Casa da Cultura de Burela ás 21:00 horas. A entrada é libre e para todos os públicos.
A comedia de Miguel Mihura Las Entretenidas estreouse o 12 de setembro de 1962 no Teatro da Comedia de Madrid, e inclúese entre outros dos seus grandes éxitos como Tres sombreros de copa e Melocotón en almíbar.
Ademais este domingo, 6 de maio, a Casa da Cultura de Burela acollerá o Festival de Primavera organizado pola asociación Arume.
O evento dará comezo ás 18:30 horas e os grupos invitados serán Amado Lar e Osorio Gutiérrez. A entrada será gratuíta e haberá venda de rifas con sorteo de regalos.