Teatro
O 2 de novembro ás 21:00 horas arranca o segundo Certame de Teatro Concello de Lourenzá coa representación da obra Xente con xente, a cargo do grupo teatral Bule Bule, formado por actores e actrices de Alfoz e Lourenzá.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, tamén comunicou que a compañía Artías, de Teo, declinou participar no certame por motivos laborais e será substituída polo primeiro suplente, que é o grupo Faro Miño, de Chantada.
A segunda representación será o 4 de novembro, domingo, a cargo de Ollamao, de Barreiros, coa obra Oé, oé, oé…!. O 10 de novembro Rebuldeira, de Sarria, ofrecerá Delicadas; ao día seguinte Avelaíña, de Pontevedra, representará María Castaña; o 17 Faro Miño, de Chantada, escenificará Langreira de amor; o día 18 Os Palimoquiños, de Lugo, ofrecerá a obra Borralliña; o 24 Andanzas, de...
leer másO grupo de teatro Ardora poñerá en escena en Barreiros Amor filial, unha traxicomedia sobre as relacións entre as diferentes xeracións dunha mesma familia. Será o vindeiro domingo, 28 de outubro.
A representación, incluída no proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme, ás 18:00 horas. Colabora coa institución provincial a Concellería de Cultura de Barreiros.
A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e a Concelleira de Cultura de Viveiro, Lara Fernández Noriega, presentaron este martes Superarte, o I Certame de teatro feito por persoas con diversidade funcional, que terá lugar do 24 ao 28 de outubro no municipio mariñán,organizado polo Concello de Viveiro co apoio do Goberno da Deputación. No acto tamén participou o coordinador do proxecto, Fabián Ben Conde.
López Izquierdo subliñou que “o noso compromiso coa plena integración social de persoas con diversidade funcional é firme e demostrámolo no día a día. Neste senso, incorporamos nas diferentes programacións cláusulas coas que garantir a igualdade de oportunidades e favorecer a súa normal participación na sociedade. E, sen dúbida, este tipo de iniciativas tamén contribúen a lograr ese mesmo obxectivo”.
... leer másO Concello de Alfoz organiza o Ciclo de Teatro de Outono que comezará o venres, 26 de outubro, coa sesión de contacontos a cargo do grupo A Biblioteca Secreta, con Marisa Irimia como narradora. Será ás 15:00 horas e inclúese no programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.
O sábado, 27 de outubro, o grupo A Peneda representará a obra A cea dos idiotas. Terá lugar ás 19:00 horas, dentro do ciclo Buxiganga da Deputación de Lugo.
O 2 de novembro o grupo Elefante Elegante presentará a obra Asubíos, ás 19:00 horas, e incluído no programa Falaredes da Xunta de Galicia.
O 3 de novembro, o grupo Unidade do Zono representará a obra Tren a Nápoles, ás 19:00 horas, dentro do ciclo Buxiganga da Deputación de Lugo.
O 10 de novembro o grupo Os pícaros de Lagoa, presentará a...
leer másXa foron escollidas as oito obras que van ser representadas no segundo Certame de Teatro Concello de Lourenzá. O xurado, presidido polo concelleiro de Cultura, Manuel Arango, e formado por laurentin@s vinculados coa cultura ou con asociacións da localidade, non o tivo nada fácil, non só polo número de compañías presentadas, dezaoito, senón tamén pola calidade das obras.
As compañías e obras seleccionadas son as seguintes: Bule Bule, de Alfoz-Lourenzá, con Xente con xente; Ollomao, de Barreiros, con Oé, oé, oé...!; Rebuldeira Teatro, de Sarria, con Delicadas; Avelaíña Teatro, de Pontevedra, con María Castaña; Artías Teatro, de Teo, con Des-armadas; Os Palimoquiños, de Lugo, con Borralliña; Andanzas, de Viveiro, con El caso de la mujer asesinadita; e Fauna 113, de Vigo, con Deus, unha comedia. O xurado tamén decidiu escoller dúas compañías...
leer másO grupo de teatro Ollomao representará a obra Enciclopedia Álvarez este sábado, 20 de outubro, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
A obra conta a historia dos nenos e nenas que durante o franquismo foron sometidos á absurda e ilóxica deseducación da escola do réxime, pero contada desde o prisma dos adultos que son agora. Esta é unha pequena mostra do que foron as escolas naquela época e do tratamento que se facía nelas de temas como o feminismo, a lingua, a autoridade ou a relixión. Unha historia contada con humor, pero que fai reflexionar, aínda que sexa “chorando de risa”.
O municipio de Foz acollerá nesta segunda quincena de outubro dúas representacións teatrais, para os días 20 e 28, e unha proxección fotográfica, tamén para este vindeiro sábado. Son actividades incluídas na programación cultural do Concello focense.
As actividades deste sábado, 20 de outubro, comezarán coa proxección fotográfica titulada Foz, onte e hoxe, do arquivo de fotos de Xesús do Breogán. Terá lugar na antiga escola pública de Fazouro ás 18:00 horas. Está organizada pola asociación de veciños Santiago de Fazouro e colabora o Concello de Foz.
Tamén este sábado haberá unha representación teatral a cargo de Sarabela Teatro que porá en escena a obra Normas para saber vivir na sociedade moderna. Baixo a forma dun divertimento irónico escóndese a crítica feroz a unha sociedade que, coas súas normas e a súa...
leer másEste domingo, 14 de outubro, da comezo en Ribadeo a XVI Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón que, por primeira vez, está dedicada integramente aos nenos e nenas. No Cine Teatro o grupo Trécola presentará Choruma, un espectáculo para pícaros ata os 4 anos. A mostra seguirá os domingos 21 e 28 de outubro coas seccións infantís de A Adala e Ollomao. O evento foi presentado polo concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e por Mati González, viúva de Daniel Cortezón.
O edil de Cultura dixo que “un ano máis vai ter lugar a Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, que neste 2018 chega á súa edición número 16. Este ano ademais ten moitas novidades. Aínda que xa nalgunha ocasión fixemos teatro para críos, nesta ocasión imos facer unha Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón dedicada ao público infantil, onde ademais van ter...
leer másO sábado, día 13, haberá cine e música con Olga Brañas que musicaliza, en directo co seu piano, a película O moderno Sherlock Holmes, de Buster Keaton (1924), con pezas que van desde infantís a clásicas, improvisacións propias ou temas de raíz. É un espectáculo recomendado para todas as idades que terá lugar na Casa da Cultura a partires das 19:00 horas.
E o 27 de outubro, ao igual que principios de mes, volverá o teatro co grupo A Adala de Foz que presentará a obra Elixir de xuventude. A historia conta como a monotonía dun convento vese alterada polos aires de modernidade dunha nova monxa. Será na Casa da Cultura de O Vicedo con entrada gratuíta.