Teatro
O municipio de Foz acollerá nesta segunda quincena de outubro dúas representacións teatrais, para os días 20 e 28, e unha proxección fotográfica, tamén para este vindeiro sábado. Son actividades incluídas na programación cultural do Concello focense.
As actividades deste sábado, 20 de outubro, comezarán coa proxección fotográfica titulada Foz, onte e hoxe, do arquivo de fotos de Xesús do Breogán. Terá lugar na antiga escola pública de Fazouro ás 18:00 horas. Está organizada pola asociación de veciños Santiago de Fazouro e colabora o Concello de Foz.
Tamén este sábado haberá unha representación teatral a cargo de Sarabela Teatro que porá en escena a obra Normas para saber vivir na sociedade moderna. Baixo a forma dun divertimento irónico escóndese a crítica feroz a unha sociedade que, coas súas normas e a súa...
leer másEste domingo, 14 de outubro, da comezo en Ribadeo a XVI Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón que, por primeira vez, está dedicada integramente aos nenos e nenas. No Cine Teatro o grupo Trécola presentará Choruma, un espectáculo para pícaros ata os 4 anos. A mostra seguirá os domingos 21 e 28 de outubro coas seccións infantís de A Adala e Ollomao. O evento foi presentado polo concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e por Mati González, viúva de Daniel Cortezón.
O edil de Cultura dixo que “un ano máis vai ter lugar a Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, que neste 2018 chega á súa edición número 16. Este ano ademais ten moitas novidades. Aínda que xa nalgunha ocasión fixemos teatro para críos, nesta ocasión imos facer unha Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón dedicada ao público infantil, onde ademais van ter...
leer másO sábado, día 13, haberá cine e música con Olga Brañas que musicaliza, en directo co seu piano, a película O moderno Sherlock Holmes, de Buster Keaton (1924), con pezas que van desde infantís a clásicas, improvisacións propias ou temas de raíz. É un espectáculo recomendado para todas as idades que terá lugar na Casa da Cultura a partires das 19:00 horas.
E o 27 de outubro, ao igual que principios de mes, volverá o teatro co grupo A Adala de Foz que presentará a obra Elixir de xuventude. A historia conta como a monotonía dun convento vese alterada polos aires de modernidade dunha nova monxa. Será na Casa da Cultura de O Vicedo con entrada gratuíta.
Dezasete compañías ou grupos de teatro afeccionado competirán en Lourenzá por acadar o premio Conde Santo na segunda edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, que se celebrará no vindeiro mes de novembro. Participarán na fase de selección sete compañías da Mariña, dúas do Occidente asturiano, outras dúas da cidade de Lugo e unha de cada unha destas localidades: Chantada, Sarria, Ourense, Pontevedra, A Coruña e Vigo.
Un xurado presidido polo concelleiro de Cultura, Manuel Arango, será o encargado de escoller as oito finalistas, que representarán as súas obras os sábados e domingos do mes de novembro. Nun día, aínda por determinar, do mes de decembro celebrarase unha gala onde se entregarán os premios á mellor representación, aos mellores actores e actrices principais e de reparto, á mellor posta en escena e un premio...
leer másVarias representacións teatrais, concertos e actividades en torno ao Samaín terán lugar ata finais de ano dentro da programación cultural do Concello de Ribadeo para este outono.
O edil de Cultura, Farruco Graña, anunciou que “o que nos convoca para o fin de semana que ven é a décimo sexta Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón. Xa haberá cumprida información máis polo miúdo sobre este acto, pero queremos destacar que ten un formato novo este ano. Está dedicado ao teatro infantil e vaise prolongar durante tres domingos no mes de outubro, os días 14, 21 e 28. Tamén nos visitarán os títeres Cachirulo coa súa obra A cabeza do dragón, vai ser para celebrar o Día da Biblioteca. Este acto, que será o 20 de outubro, obviamente vaise celebrar na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho”.
O concelleiro nacionalista...
leer másA Concellería de Cultura presentou a programación para este mes de outubro na que os pratos fortes serán Quico Cadaval, unha referencia humorística en Galicia que estará na localidade o día 19, e o grupo de música e baile tradicional galego Xacarandaina, que actuará o 27. Ademais haberá varios espectáculos infantís, o rastrillo popular solidario o 14, cine infantil os días 14 e 28, e este venres estará en Burela o grupo de teatro A Panadaría que representará Elisa e Marcela.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “presentamos la programación cultural de octubre del Concello de Burela, que yo calificaría de gran calidad. Tenemos lo que repetimos cada mes como eventos habituales, es el caso del rastrillo popular solidario el segundo domingo de mes, el día 14, en la praza da Mariña, y las sesiones de cine infantil que están teniendo...
leer másVarias pancartas colocadas en puntos estratéxicos de Ribadeo anuncian a boda de Elisa e Marcela, a representación que A Panadaría porá en escena o domingo, 7 de outubro, ás 20:00 horas no auditorio Hernán Naval. Ademais o luns, día 8, ás 11:30 horas, o grupo actuará para o colexio Sagrado Corazón, o IES Dionisio Gamallo, o CIFP Porta da Auga e o centro de día. Representantes do ensino e dos usuarios do centro asistiron este mediodía, no parque de San Francisco, á presentación desta obra teatral que correu a cargo do concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
O edil ribadense dixo que “para nós é un pracer falar con toda a veciñanza e convidalos a asistir a un casamento que vai haber no auditorio Hernán Naval, porque casan Elisa e Marcela. Convídannos a todos e a todas os que andemos por Ribadeo ese domingo a participar nesa representación...
leer másA Casa da Cultura de Foz acollerá este sábado, día 29, ás 19:30 horas unha representación a cargo do grupo de teatro A Panadaría, que ofrecerá a obra titulada Elisa e Marcela.
Trátase dunha comedia para adultos cunha duración de 75 minutos e o prezo da entrada é de 3,5 euros. Poden mercarse anticipadamente na Delegación de Cultura do Concello de Foz.
Esta obra conseguiu varios galardóns nos Premios María Casares e noutros durante este ano 2018. As intérpretes son Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.
A Concellería de Cultura organiza un obradoiro de teatro, que comezará o vindeiro 20 de setembro.
Estará dirixido por Juan Villarino, director do grupo de teatro O Torques formado en Burela en 2016 e poderán participar persoas maiores de 8 anos.
A actividade, para un máximo de 12 asistentes, terá unha duración total de 16 horas e os horarios serán a convir unha vez pechada a inscrición.
Os/as interesados/as poden anotarse na Casa da Xuventude a partir de hoxe, venres, no número de teléfono 982 581 141.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anima á xente a que “pierda la vergüenza y el miedo, y se anime a participar. Con este obradoiro pueden salir nuevos actores y actrices para el grupo de teatro local que tenemos que apoyar todos. Además Juan Villarino tiene una...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de Lourenzá ven de presentar a programación teatral que levará a cabo ata o mes de decembro. As representacións darán comezo o 15 de setembro coa compañía Argalleiras Teatro, de Chantada. Ademais esta programación inclúe a actuación do humorista galego Carlos Blanco o día 29 deste mes.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anuncia que “na programación teatral de outono do Concello de Lourenzá a primeira representación que imos ter vai ser o sábado día 15 de setembro coa compañía Argalleiras Teatro, de Chantada, que porá en escena a obra Comedia bífida. O sábado 22 de setembro a compañía A Peneda, de Monterroso, presentará a obra A cea dos idiotas. Estas dúas representacións pertencen ao programa Buxiganga, da Deputación Provincial, e serán ás oito da tarde no salón de actos do Concello”.
... leer más