Tapas
O Concello de A Pontenova organiza a IV edición da Ruta de Tapas, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de novembro.
Os oito establecementos participantes ofrecerán as súas tapas, ao prezo de 1 euro, en horario de 20:00 a 23:00 horas.
O 3 de novembro á unha da mañá no bar Rony sortearase un premio de 300 euros entre todas aquelas tarxetas completas co selo de cada un dos bares participantes.
Os locais de hostalería que se dan cita nesta IV edición da Ruta de Tapas de A Pontenova son: A Mina, Bar Lennon, Bar Puente, Benito´s, Casa da Cultura, O Lar de Balbina, Rony e San Briz.
Todos os xoves ata o vindeiro 13 de decembro celébrase Sanci Tapeando.
Sete locais de hostalería de San Ciprián ofrecen as súas propostas culinarias ao prezo de 2 euros por tapa. Ademais sortearanse 3 vales para gastar nos locais participantes, por importe de 250€, 150€ e 100€.
Os establecementos que participan nesta iniciativa son: bar O Pulgas, bar, O Faro, pizzería Las Titas, pizzería O Trasgo, cervecería Nordesía, terraza O Noso Lar e mesón A Bodega. Todos eles ofrecerán cada xoves unha tapa diferente, e as fotografías das tapas serán subidas ao perfil de facebook esa mesma semana.
Sanci Tapeando desenvolverase os xoves 11, 18 e 25 de outubro. Continuará os días 1, 8, 15, 22 e 29 de novembro, e rematará os xoves 6 e 13 de decembro.
O Concello de Cervo...
leer másO xurado profesional composto por Yayo Daporta, Gonzalo Pañeda, Marcos Santamaría e Nicolás Asensio fallou que a tapa gañadora do XIII Ribadeo de Tapeo fose a de AG Porcillán, o 2º premio foi para Texturas Galegas e o 3º para El Oviedo. O premio Tapa de Ribadeo foi para Parador de Turismo e recibiu unha mención especial o restaurante Marinero. O xurado asegurou que a decisión foi difícil e que o concurso estivo moi reñido. Pola súa banda, a concelleira de Turismo e Comercio, Ana Martínez, subliñou que arredor dr 45.000 tapas foron vendidas nos 44 locais participantes desde o 11 ao 20 de maio.
Dos 21 inscritos para participar nesta sección oficial do concurso finalmente os que presentaron as súas tapas a concurso foron 15: La Villa, Texturas Galegas, A Tapería, La Solana, O Piano, Parador de Ribadeo, El Oviedo, A Mirandilla, Marinero, Bar...
leer másOnce locais hostaleiros participarán os días 27 e 28 de abril na Degustación de Tapas, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. Serviranse o venres de 20 a 23 horas e o sábado de 13 a 15 horas pola mañá e de 20 a 23 horas pola noite. O prezo da tapa será de 2 euros.
Os establecementos que se dan cita nesta degustación gastronómica son: Aroma Café, Cafetería Mayros, Happy Days, Cafetería Express, Cafetería Pastelería Anduriña, O Lar de Bustos, Bar 78, Casa Maño, Restaurante Costumes do Mar, Fraggle Rock Café e Restaurante Dandy.
O evento foi presentado por Ramón Río, Celia Núñez e Rubén Rodríguez, membros da directiva do CCA focense, que animan “a toda a xente a saborear estas propostas que van atopar en 11 locais o venres e o sábado próximos”.
A décimo quinta edición da Ruta das Tapas que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz celebrarase a vindeira Semana Santa, concretamente do xoves 29 ao sábado 31 deste mes, e contará coa participación de quince establecementos hostaleiros: Aroma Café, Bar 78, Cafetería Express, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Restaurante Xoyma, Casa Maño, Fraggle Rock Café, Happy Days, O Lar de Bustos, O Muelle Bar, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón.
As tapas serviranse de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. O prezo de cada tapa é de 2 euros.
Haberá catro premios. As tres mellores tapas serán elixidas polo xurado e haberá premio tamén para a tapa coa mellor presentación, que sairá das votacións que se realicen a través da páxina de facebook do CCA focense...
leer másOito locais hostaleiros de Foz, socios do Centro Comercial Aberto, poñen en marcha unha ruta de viños e tapas, que se desenvolverá os xoves, venres e sábados desde o 22 de febreiro ata o 24 de marzo.
Na cita participan: Leyton, Mayros, Xoyma, Dandy, Happy, Express, Anduriña e Xoiña, establecementos situados nas rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña. Cada local ofrecerá unha tapa especial ao cliente. E será cada un o que decida si por esa tapa cobra 1,50 euros.
Para incentivar que a xente acuda á Ruta de Viños e Tapas os hostaleiros farán cinco sorteos en Radio Foz, empregando o sistema de extracción de cartulinas. Cada semana haberá dous premios: 1 vale para cear 5 persoas por valor de 100 euros nun dos restaurantes que participan nesta iniciativa e 3 vales por valor de 20 euros cada un para consumir nas...
leer másMañá e o sábado terá lugar en Foz a 8ª Festa Afrodisíaca, que organiza o Centro Comercial Aberto.
Durante esas xornadas nos locais hostaleiros da localidade haberá tapas afrodisíacas. Entre as propostas que se poderán atopar e saborear non faltarán produtos como o chocolate, a canela, o aguacate, as ostras, as framboesas negras, os dátiles, a vainilla ou as améndoas, entre outros.
Coa 8ª Festa Afrodisíaca o Centro Comercial Aberto de Foz celebra San Valentín. Ademais do 10 ao 14 de febreiro tres pastelerías (Amarena, Anduriña e Xoyma) serviron doces afrodisíacos e o vindeiro día 20 terá lugar o sorteo de 5 ceas, para dúas persoas cada unha, entre aqueles clientes que fixeron as súas compras no comercio asociado do 7 ao 14 de febreiro. O sorteo terá lugar ás 13:00 horas e realizarase a través de Radio Foz.
... leer más