Tapas
A XII edición do Ribadeo de Tapeo conclúe esta fin de semana. Hoxe a partires das 20:00 horas haberá Cantos de Taberna nalgúns dos establecementos participantes. Mañá, sábado, terá lugar un festival infantil de música no Teatro ás 17:00 horas, e o domingo o grupo Os Minhotos ofrecerá unha sesión vermú na praza de abastos.
A concelleira de Turismo, Ana Martínez, declarou que “xa nos atopamos na recta final do Ribadeo de Tapeo e hoxe poderemos gozar dos esperados e dos exitosos Cantos de Taberna que arrancaron o ano pasado. A partires das oito da tarde poderemos gozar desta segunda edición dos Cantos de Taberna dentro do Ribadeo de Tapeo. Polos diferentes establecementos poderemos seguir os cantos populares de 50 persoas que son os participantes nesta segunda edición”.
A edil dixo que “non soamente imos hoxe...
leer másMañá sábado da comezo a XII edición do Ribadeo de Tapeo na que participan 52 establecementos hostaleiros, que ofrecerán as súas elaboracións en miniatura ao prezo de 1,50 euros. Esa é unha das novidades desde 2017 xunto á elección das tapas gañadoras, que decidirá un xurado profesional o 22 de maio no hotel restaurante Voar. A entrega de premios do Ribadeo de tapeo celebrarase o 3 de xuño no Teatro ás 19:00 horas e contará coa actuación dos grupos participantes na II edición dos Cantos de Taberna.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez, manifestou que “a partires de mañá, sábado 13, e ata o domingo 21, será de novo esta cita gastronómica en Ribadeo coa que xa van doce anos. De novo Ribadeo será o epicentro gastronómico dos sabores en miniatura da Mariña e do occidente asturiano. Eu creo que se algo tamén nos define...
leer másA décimo segunda edición do concurso gastronómico Ribadeo de tapeo terá lugar do 13 ao 21 de maio. Participarán 52 establecementos da vila e das parroquias e serán 22 as tapas que se presenten á selección dos premios do xurado o 22 de maio no hotel restaurante Voar. O prezo das tapas será este ano de 1,50 euros, haberá tapas para celíacos e vexetarianos e volven os Cantos de Taberna o día 19, ademais dos Soños Gastronómicos e as Sobremesas Culturais. O evento foi presentado esta mañá no salón de plenos do Concello pola edil de Turismo e Desenvolvemento Local, Ana Martínez, e polo alcalde, Fernando Suárez.
Martínez dixo que “un ano máis o Concello de Ribadeo organiza o Ribadeo de tapeo. Na súa décimo segunda edición, este decano dos fogóns, terá lugar do 13 ao 21 de maio. Estamos diante dun dos nosos mellores escaparates gastronómicos no...
leer másUnha ducia de locais hostaleiros participarán na XIV Ruta das Tapas, que se celebrará en Foz do 13 ao 15 de abril. Este evento gastronómico, no que a protagonista é a cociña en miniatura, está organizado polo Centro Comercial Aberto. Nas últimas horas foi presentado por Olaya Pedrosa, secretaria de Acia/CCA, e por Rubén Rodríguez, vocal do colectivo.
As propostas culinarias serviranse en horario de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. As tapas custarán 1,5 euros.
Os establecementos que participan son: Bar 78, Cafetería Happy Days, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Restaurante Xoyma, Casa Maño, Fraggle Rock Café, O Lar de Bustos, O Muelle Bar, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón.
O público poderá votar a través do facebook do Centro Comercial...
leer másA terceira edición da Ruta das Tapas de Alfoz terá lugar do 14 ao 16 de abril en sete locais hosteleiros, bares e restaurantes.
Os establecementos participantes nesta cita gastronómica son: Parrillada Bar San Pedro, O Bar de Elvira, Casa Pereiras, Bar Rodolfo, Restaurante O Frenazo, Bodegón Ponte de Pau e Restaurante A Naranxa.
Sortearanse tres premios de 200 euros en vales de compra entre aqueles que se acheguen a degustar as preparacións dos distintos locais nesta 3ª Ruta das Tapas.
Organiza o Concello de Alfoz e colabora a Deputación Provincial de Lugo.
O venres 14 haberá ademais unha ruta de sendeirismo á Pena Abaladoira, organizada por O Freixo do Lobos en colaboración co Concello de Alfoz. Para anotarse a esta ruta poden chamar ao 657 84 92 00. Ademais,...
leer másUnha ducia de locais hostaleiros participarán na XIV Ruta das Tapas, que se celebrará en Foz do 13 ao 15 de abril. Este evento gastronómico, no que a protagonista é a cociña en miniatura, está organizado polo Centro Comercial Aberto.
As propostas culinarias serviranse en horario de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. As tapas custarán 1,5 euros.
Os establecementos que participan son: Bar 78, Cafetería Happy Days, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Restaurante Xoyma, Casa Maño, Fraggle Rock Café, O Lar de Bustos, O Muelle Bar, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón.
O público poderá votar a través do facebook do Centro Comercial Aberto de Foz á tapa coa mellor presentación.
O presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo,...
leer másDo 13 ao 21 de maio terá lugar a décimo segunda edición do Ribadeo de tapeo, que organiza a Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo e que presenta importantes novidades. A inscrición para participar estará aberta ata o 28 de marzo.
Ana Martínez dixo que “un ano máis o Concello de Ribadeo abre o prazo de inscrición para a XII edición do Ribadeo de Tapeo, que terá lugar do 13 ao 21 de maio. Así os establecementos que desexen presentarse deberán cumprimentar a súa solicitude, que poderán descargar da páxina web do Concello ou solicitando o boletín na oficina de turismo ata o día 28 de marzo e presentalo cuberto no rexistro”.
A edil de Desenvolvemento Local explicou que “o Ribadeo de tapeo chega cargado de novidade. Este veterano dos concursos culinarios de Galicia, reinvéntase para seguir a ser un dos referentes gastronómicos da comarca, máis profesional,...
leer másO 23 de marzo arranca o VI Concurso de Tapas do Centro Histórico de Viveiro. Por tan só 2€ cada unha, os clientes poderán disfrutar de 13 tapas diferentes nos locais participantes.
Nesta edición sorprenderanos tanto con receitas baseadas no bo sabor da cociña tradicional, como con creacións imaxinativas mesturando texturas innovadoras.
Os locais que participan e as súas tapas son:
1.- Mesón A Ría con Enchilada de langostinos en salsa criolla
2.- O Rincón do Tronco con Navegando hasta Isla Perejil
3.- Asador La Quinta con Solomillo de vacuno, robellones y habitas con puré verde y teja de patata
4.- Mesón O Recuncho con Rollito de picadillo de Mar
5.- Bar Normandy con Juego de Sabores con uvas rojas y vino tinto
6.- Restaurante Casa Pepi con Chipirón con...
A asociación de hostaleiros e comerciantes Beiras de Viveiro organiza el 1º San Valentín Erótico. Esta actividade terá lugar o venres, 10 de febreiro, e o sábado, día 11. Levarase a cabo en todos os comercios e locais hostaleiros de Covas. Estes últimos servirán tapas elaboradas especialmente para a ocasión, a un prezo de 2 euros.
Un total de once establecementos participan nesta iniciativa e presentan tapas que se denominan con coñecidos títulos de películas.
Os locais nos que se poden degustar estas tapas son: Tixolas que presenta Huevos de Oro, Galipizza con Los gozos y las sombras, Dekada con La pasión turca, Gruta con Lucía y el sexo, Aquitania con Instinto básico, Nautae con 9 semanas y media, Forum con 50 sombras de Grey, Mesón con Jamón jamón, Sixties con Kiki, el amor se hace, Punto galego con Garganta...
leer más