terceira idade

20/09/2024

O domingo 13 de outubro terá lugar o XXX Festival da Terceira Idade en Alfoz para todas aquelas persoas que teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas, empadroadas neste concello, que poderán ir acompañadas dos seus cónxuxes.

Os actos comezarán ás 13:00 horas cunha misa na Igrexa Parroquial de San Pedro de Mor. A continuación celebrarase unha comida de fraternidade no Pavillón Municipal de Alfoz, así como diversos actos.

As persoas interesadas en participar neste evento deberán inscribirse na Oficina de Servizos Sociais do Concello de Alfoz no seguinte prazo: dende o xoves 19 de setembro ata o venres 4 de outubro de 2024.