Todos os xoves ata o vindeiro 13 de decembro celébrase Sanci Tapeando.
Sete locais de hostalería de San Ciprián ofrecen as súas propostas culinarias ao prezo de 2 euros por tapa. Ademais sortearanse 3 vales para gastar nos locais participantes, por importe de 250€, 150€ e 100€.
Os establecementos que participan nesta iniciativa son: bar O Pulgas, bar, O Faro, pizzería Las Titas, pizzería O Trasgo, cervecería Nordesía, terraza O Noso Lar e mesón A Bodega. Todos eles ofrecerán cada xoves unha tapa diferente, e as fotografías das tapas serán subidas ao perfil de facebook esa mesma semana.
Sanci Tapeando desenvolverase os xoves 11, 18 e 25 de outubro. Continuará os días 1, 8, 15, 22 e 29 de novembro, e rematará os xoves 6 e 13 de decembro.
O Concello de Cervo colabora nesta campaña.