O 10 de maio da comezo o VII Concurso de Tapas do Centro Histórico de Viveiro no que participan 10 locais hostaleiros. A asociación pon en xogo 1.000 euros entre a clientela.

O xoves 10 de maio arranca o VII Concurso de Tapas do Centro Histórico de Viveiro. Por tan só 2€ cada unha, os clientes poderán desfrutar de 10 tapas diferentes nos locais participantes. 
 
Nesta edición sorprenderanos tanto con receitas baseadas no bo sabor da cociña tradicional, como con creacións imaxinativas mesturando texturas innovadoras. 
 
Os locais que participan e as súas tapas son: 
1.- Arume Gastrobar con “Muiñeira de Lacón”
2.- Gastrobar Hotel Urban con “Cachopo de merluza con salsa americana”
3.- O Rincón do Tronco con “En la barca el chipirón come langostino”
4.- Asador La Quinta con “Canelón de rabo de vaca con crema al vino tinto, crujiente de parmesano y mosaico de verduritas”
5.-  Mesón O Recuncho con “Solomillo a los frutos secos”
6.- El Garaje con “Tosta Celta”
7.- Bar Normandy con “Bacalao con palitos de tinta de calamar”
8.- Restaurante Casa Pepi con “Rollo meloso de carrillera con tierra de chocolate y verdura”
9.- Cornelius Taberna Gastronómica con “Entrecot de cachena con salsa Ancares”
10.- Restaurante O Muro con “Show Cooking O Muro”
 
Fora de concurso colaborará o Restaurante O Asador, que ofrecerá unha tapa especial ós seus clientes durante os días do concurso. 
 
Os locais servirán as tapas tódolos días cun  horario mínimo de 12:00 a 15:30 h e de 20 a 24h (a excepción do domingo que se servirán ata as 22h). En cada local participante, haberá  “Tarxetas de votación” a disposición dos clientes.
Cada vez que un cliente deguste unha das tapas do concurso, o establecemento selaralle a “Tarxeta” na casilla correspondente ó seu local. 
 
Os clientes poderán votar a tapa que máis lles guste e entrar no sorteo de 1.000€. Serán 2 premios distintos, por un lado 200€ para aquelas tarxetas que teñan un mínimo de 5 selos, e por outro, 800€ entre tódalas tarxetas que estean completas, é dicir, teñan 10 selos. 
 
O voto poderase realizar ata o  domingo 13 de Maio ás 22 horas, en calquera das urnas ubicadas en tódolos locais participantes.  
        
Para os locais participantes haberá 3 premios:
 
- Mellor tapa popular: elixida mediante as votacións dos clientes. 
- Mellor presentación: elixida por un xurado  alleo ó evento.
- Mellor tapa según o Xurado: elixida por un xurado  alleo ó evento.
 
O  xurado estará formado  por Conchi Carreiras Vizoso, Profesora de cociña da Escola de Hostalería de Foz, Julio Alonso Maragoto, cociñeiro con experiencia no Palacio de Buckingham e en varios restaurantes de Londres , e un terceiro membro que está pendiente de concretarse. 
 
O luns 14 de maio, a organización procederá ó reconto de votos, sorteo dos premios, e posterior comunicación ós agraciados e ós locais gañadores.