San Ciprián

Etiquetas:
01/10/2020

Este xoves, 1 de outubro, regresa Sanci Tapeando coa degustación de diferentes receitas culinarias en 7 locais hostaleiros da vila. O prezo será de 2 euros. Haberá 2 premios de 180 e de 100 euros en vales para gastar nos locais participantes nesta cita gastronómica que se desenvolverá todos os xoves de outubro en San Ciprián. 

A proposta para este primeiro día da nova tempada é:
- Café bar O Faro: flamenquín con cebola caramelizada
- Mesón A Bodega: desmigado de peixe
- Café Bar Maruxaina: filloas recheas de ourizo
- Pizzería O Trasgo: taquiños de polo con dúas salsas
- Cervecería Las Titas: delicias de xamón serrano
- Terraza O Noso Lar: bacallau á nata
(Cervecería O Encontro tamén se suma á iniciativa pero a partir do xoves 15 de outubro incluído)

As fotografías das...

leer más
25/09/2020

O auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián acolle este domingo, 27 de setembro, ás 20:00 horas a representación de O mel non caduca, a cargo de Ibuprofeno Teatro.

A obra fala da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por culpa da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.

Está interpretada por Avelino González e Marian Bañobre baixo a dirección de Santiago Cortegoso, quen tamén é autor do texto.

A apertura de portas no auditorio será ás 19:40 horas. O aforo estará limitado e é obrigatorio o uso de máscara.

 

Etiquetas:
17/09/2020

A Casa da Cultura, de San Ciprián, acolle o venres, 18 de setembro, o espectáculo Divas de Diván, Contos Eróticos para abrir boca.

A representación terá lugar ás 20:00 horas, con entrada de balde. O aforo será limitado como medida de prevención do covid e é obrigatorio o uso de máscara.

A obra está protagonizada por Vero Rilo, Ángeles Goás e Carmen Conde, que se xuntan arredor dunha mesa para, mentres pican queixo de tetilla, comparten uns chouriciños e proban que pimentos pican e cales non, contarnos historias da erótica do noso país.

 

24/08/2020

A Casa da Cultura de San Ciprián acolle este xoves, 27 de agosto, as 20:30 horas a presentación da nova novela do autor Antonio Cazás: “El verdugo de las almas perdidas” (editorial Terra Ignota). Por mor do coronavirus, o aforo estará limitado. 

Esta nova novela de Cazás Fernández presenta o mundo policial dos anos 50 a través do comisario Negreira, desde un punto de vista humano e profesional, creado por o autor viveirense, e que bebe da novela clásica negra. Negreira súmase así a personaxes como Maigret de Simenon ou Hércules Poirot de Ágatha Christie. Ler “El verdugo de las almas perdidas” é como montar nunha montaña rusa emocionante e palpitante que desexas acabar, pero cando chegas ao final, quererás montar de novo.

Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Cervo. 

20/08/2020

A Casa da Cultura de San Ciprián acolle este xoves ás 20:30h a presentación do libro “Tratado sobre la extinción” de Javier Bolado. 

Na súa última obra o autor vasco aborda unha historia de suspense con tintes conspiranoicos, que viaxa a través de distintas cidades do mundo a un ritmo vertixinoso e remata confluíndo deixando atrás un regueiro de cadáveres.

Anteriormente tiña publicado Huellas Genitales (1995), El coleccionista de Cajas (2000), La volea esmachada de espaldas (2008) y La desaparición de los murciélagos en Norteamérica (2014).

Para a Delegada de Cultura, Dolores García, “é un pracer poder acoller a presentación deste libro, pois no Concello de Cervo apostamos pola celebración de programas e actividades que teñen como fin a implicación lectora durante todo o ano”. A...

leer más
Etiquetas:
04/06/2020

O Concello de Cervo reabre mañá as dúas pistas de pádel ubicadas no Complexo Deportivo da Veiga, en San Ciprián. 

As persoas interesadas neste servizo deben reservar pista na Casa do Concello, en horario de mañá (de 9:00 a 14:00 horas). O persoal municipal realizará as xestións oportunas para o aluguer destas instalacións que se poderán utilizar de 9:00 a 21:00 horas, de luns a domingo.

 

26/05/2020

O Concello de Cervo recupera este xoves o mercado semanal de San Ciprián ao completo, autorizando a instalación de todos os postos habituais, uns corenta en total.

A feira xa se celebrou de xeito incompleto, e dadas as circunstancias excepcionais, os días 14 e 21, coa presenza tan só dos postos da rama agroalimentaria.

No día de hoxe, e xa na fase 2 da desescalada, desde o Concello contactaron con todos os comerciantes dos sectores non alimentarios para informalos da recuperación integral do mercado e das medidas que se tomaron para salvagardar a seguridade. De tal xeito que, de xeito provisional, e para garantir as medidas de distanciamento fixadas, procedeuse a ampliar a superficie do mesmo, que abranguerá a Praza dos Campos e a Rúa do Torno; e reestruturáronse os espazos prefixados, para dar cumprimento á...

leer más
12/05/2020

O Concello de Cervo retoma este xoves o mercado semanal de San Ciprián, autorizando tan só polo momento, e dada a situación excepcional, a instalación dos postos de produtos agroalimentarios, cumprindo as medidas de seguridade e distanciamento establecidas. 

Tal e como explican, de xeito provisional, habilitarase unha entrada e unha saída pola Avenida da Mariña para que as persoas usuarias poidan acceder aos postos de xeito controlado.

Na entrada, o Concello facilitará solución hidroalcohólica de uso obrigatorio e recomenda ás persoas usuarias a permanecer no mercado o tempo estritamente necesario para realizar as compras e sempre mantendo a distancia de seguridade de dous metros.

 

Etiquetas:
10/03/2020

O Coronavirus obriga a suspender a Festa do Ourizo, que se ía celebrar en San Ciprián este sábado, 14 de marzo. Como precaución para evitar posibles contaxios e seguindo as recomendacións realizadas polas autoridades sanitarias é por iso que de adoptou esa medida desde a organización do evento gastronómico. 

Etiquetas:
03/03/2020

A XXIX edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 14 de marzo, en San Ciprián. A cita foi presentada polo edil de Turismo, David Rodríguez, polas concelleiras de Cultura e Medio Ambiente, e por representantes da hostalería local. 

A Festa volve contar cun programa cheo de actos e actividades que terán como gran protagonista ao ourizo.

Deste xeito, avanzaron que “un ano máis organizamos un show cooking, que terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos, a partir das 11:45 horas, no que gozaremos vendo as habilidades culinarias en vivo de catro prestixiosos chefs e unha pasteleira todos eles integrantes da Asociación de Cociñeiros da Mariña Lucense  que cociñarán ante as persoas asistentes sorprendentes e innovadoras receitas elaboradas coa base do ourizo: Bruno Pena do Oca Playa de Foz Hotel & Spa,...

leer más