San Ciprián

18/08/2021

Un dos espectáculos incluído no ciclo Concertos na Fin do Mundo, que organiza a Xunta de Galicia, será no municipio de Cervo, concretamente nas inmediacións do Faro de San Ciprián, o día 10 de setembro, venres. Actuarán o famoso cantante vasco Mikel Erentxun e as galegas Yoly Saa e Russinha.

As entradas para este concerto están á venda e poden mercarse a través do seguinte enlace: 
https://concertosnafindomundo.com/faro-sancibrao-cervo/

A organización explica que “Concertos na Fin do Mundo é unha experiencia máxica, enmarcada na programación do Xacobeo 21-22, que terá lugar nalgún dos máis fermosos e impresionantes faros da costa galega. Un ciclo de concertos íntimos con capacidade moi limitada e unhas propostas artísticas preparadas para...

leer más
Etiquetas:
10/08/2021

O estadio municipal de A Veiga, de San Ciprián, acollerá este xoves, día 12 de agosto, a cuarta edición do torneo Maruxaina de fútbol. Será un triangular, que disputarán o CD Castro, o CD Foz e o Viveiro CF.

Empezará ás 18:30 horas co enfrontamento entre o Viveiro e o Foz. Ás 19:30 xogarán o Castro e o Viveiro. E o terceiro partido será ás 20:30 horas entre o Foz e o Castro.

Este evento deportivo está organizado polo CD San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo.

 

13/07/2021

O Concello de Cervo acaba de ser testemuña do nacemento dunha nova Escola de Atletismo, que estará integrada no Club Deportivo San Ciprián.

A iniciativa foi presentada nas pistas de atletismo do Complexo Deportivo da Veiga, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, o presidente do Club Eduardo Rubal,  e pola atleta local, Olga Vicente, que capitaneará o proxecto, encargándose do adestramento tanto das crianzas como das persoas adultas que desexen sumarse; sen límite de idade.

As persoas interesadas poden informarse e anotarse no teléfono 625 16 13 97.
Desde o Concello de Cervo aplauden a iniciativa “que ben completar a oferta deportiva do municipio e que contribuirá tamén a encher de vida e a dinamizar as instalacións que temos dispoñibles no Complexo Deportivo da Veiga”;...

leer más
16/06/2021
O pavillón da Veiga acolleu a presentación do III Campus de Baloncesto EntreNos, que terá lugar entre o 27 de xuño e o 2 de xullo “son seis días de competición, nun  formato readaptado á situación sanitaria actual, moito máis técnico, con máis competición, e sobre todo con moito basket co obxectivo de recuperar sensacións logo deste ano tan difícil que vivimos”; tal e como subliñaron desde a organización, no acto no que participaron o rexedor, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, e o director e o responsable de comunicación do campus, Nacho Mota e Pablo Ojea, respectivamente.
 
O prazo de inscrición continúa aberto, aínda que xa quedan moi poucas prazas das 48 dispoñibles, dirixidas á mocidade nada entre os anos 2004 e 2009 (ambos...
leer más
05/05/2021

O vindeiro venres, 7 de maio, ás oito da tarde na Casa da Cultura, en San Ciprián, terá lugar a presentación do libro “A Solo no le gustaba su nombre”, de Pepe Peinó. 

O aforo será limitado. É obrigatorio inscribirse para asistir
ao evento chamando ao 982 59 51 57 ou enviando un whatsapp ao 691 656 600.

A cita cultural celebrarase respectando todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19.

Pepe Peinó contará co acompañamento literario de Bernardo Penabade e co musical de Almudena Cuadrado. 

Etiquetas:
07/01/2021

A ruta de tapas de San Ciprián, denominada Sanci Tapeando, desenvólvese os xoves 7, 14, 21 e 28 de xaneiro en sete establecementos hostaleiros. Para esta iniciativa contan coa colaboración do Concello de Cervo.

Os locais participantes nesta actividade gastronómica son: Café Bar O Faro, Mesón A Bodega, Cervecería O Encontro, Café Bar Maruxaina, Pizzería O Trasgo, Cervecería Las Titas e Terraza O Noso Lar.

O prezo de cada tapa é de 2 euros e hai dous premios en vales para gastar nos locais participantes: un de 180 euros e outro de 100 euros.

 

04/01/2021

As súas Maxestades de Oriente, como non podería ser doutro xeito, non faltarán este ano á súa tradicional cita cos pequenos de Cervo. 

Estarán mañá, 5 de xaneiro, na Casa da Cultura en San Ciprián de 16:00 a 19:00 horas, e no salón de actos da Casa do Concello, a partir das 19:30 horas, onde tamén haberá unha actuación infantil da man da asociación Airiños do Xunco. 

A recepción dos Reis Magos realizarase por quendas e baixo un estrito protocolo de seguridade e hixiene.

18/12/2020

A asociación Amigos da Troula organiza unha recollida de alimentos e agasallos que levará a cabo este sábado, 19 de decembro, na Casa da Cultura de San Ciprián de 10:00 a 14:30 horas.

Esta asociación, ante a imposibilidade de realizar este ano a cuarta edición do Callo Fest, decidiu cambiar as baterías por paquetes de lentellas e as guitarras por xoguetes para axudar ás familias nestes momentos tan complicados.

Entre todas as persoas participantes sortearase o chuvasqueiro do Callo Fest.

O Concello de Cervo colabora na organización deste evento.

18/11/2020

A Casa da Cultura de San Ciprián acolleu esta mañá a inauguración dunha mostra pioneira de artesanía obra da Asociación A Mariña, enmarcada no proxecto a Aula do Mar inclusiva, a primeira destas características na Comunidade Galega. 

Pódese visitar ata o 18 de decembro, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas respectando sempre as medidas de prevención fronte ao COVID-19.

No acto participaron o rexedor, Alfonso Villares e as edís de Servizos Sociais e de Cultura, Pilar Armada e Dolores García Caramés, respectivamente, ademais da directora da Asociación, María José Nóvoa, o Presidente da mesma, Jorge Manchado, e representantes do GALP A Mariña-Ortegal. 

O rexedor quixo felicitar a toda a familia da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña por "este novo e enriquecedor...

leer más
Etiquetas:
06/11/2020

O Concello de Cervo segue colaborando na iniciativa Sanci Tapeando, que se leva a cabo todos os xoves deste mes de novembro en sete establecementos hostaleiros de San Ciprián.

Os locais participantes ofrecerán tapas ao prezo de 2 euros, que serán diferentes os vindeiros días 12, 19 e 26. Sortearanse entre os asistentes dous vales por importe de 180 e de 100 euros para gastar nos establecementos que levan adiante esta campaña.

Participan en Sanci Tapeando: Café-Bar O Faro, Mesón A Bodega, Cervecería O Encontro, Café-Bar Maruxaina, Pizzería O Trasgo, Cervecería Las Titas e Terraza O Noso Lar.