Solidaridade

Etiquetas:
30/05/2023

Concello de Burela e comisión organizadora das festas propóñenlle ás atraccións do recinto feiral que funcionen sen música durante unha hora, de seis a sete da tarde, do 2 ao 5 de xuño para facilitar o disfrute das persoas afectadas por alteracións do espectro autista. 

A concelleira de Festexos e presidenta da comisión organizadora, Toñi Eijo, explicou que “desde o Concello e desde a comisión organizadora das festas para facilitar que as persoas afectadas por alteracións do espectro autista, que padecen de problemas sensoriais, solicitamos ao recinto feiral de atraccións que ofreza os días 2, 3, 4 e 5 en horario de seis a sete da tarde o funcionamento desas atraccións sen música para que estas persoas disfrutar dos nosos festexos”.

Eijo engadiu que “todas e todos temos o dereito de poder gozar das nosas festas...

leer más
18/12/2020

A asociación Amigos da Troula organiza unha recollida de alimentos e agasallos que levará a cabo este sábado, 19 de decembro, na Casa da Cultura de San Ciprián de 10:00 a 14:30 horas.

Esta asociación, ante a imposibilidade de realizar este ano a cuarta edición do Callo Fest, decidiu cambiar as baterías por paquetes de lentellas e as guitarras por xoguetes para axudar ás familias nestes momentos tan complicados.

Entre todas as persoas participantes sortearase o chuvasqueiro do Callo Fest.

O Concello de Cervo colabora na organización deste evento.

Etiquetas:
29/12/2018

A parroquia focense de Vilaronte acollerá un acto solidario o día 4 de xaneiro, venres, e a 56ª edición da Cabalgata de Reis ao día seguinte. Son actividades organizadas pola asociación cultural O Castro, de Vilaronte, coa colaboración do Concello de Foz.

No acto solidario do venres 4 de xaneiro ás 21:00 horas no local da asociación cultural O Castro actuarán o grupo musical Mar Aberto e a compañía teatral Axóuxeres. O recadado destinarase a apoiar as sesións de movemento ABM-París que realiza a nena Lua Auel Rougier Pedreira.

E ao día seguinte, o sábado 5, celebrarase a Cabalgata de Reis de Vilaronte, que cumpre á súa 56ª edición. Os Magos de Oriente chegarán ao local da asociación cultural O Castro ás oito e media da tarde.