San Ciprián
Os Concertos do Xacobeo chegan os días 4 e 5 de novembro a San Ciprián con Tanxugueiras e Roi Casal.
No marco do ciclo de Concertos do Xacobeo, chegan a Cervo Tanxugueiras o 4 de novembro e Roi Casal o 5 de novembro.
O concerto de Tanxugueiras, que tivera que aprazarse por mor do mal tempo hai semanas, dará comezo ás 20.00 horas na Praza dos Campos, en San Ciprián. Será o vindeiro venres, 4 de novembro.
E no mesmo escenario, na Praza dos Campos, actuará Roi Casal ao día seguinte, o 5 de novembro, a partir das nove da noite.
A entrada para ambos concertos é libre. Desde o Concello de Cervo animan a asistir: “non podedes perdervos esta gran homenaxe á Cultura Galega”.
En cinco establecementos hostaleiros de San Ciprián (Bar Aquelarre, Mesón A Bodega, Pizzería Las Titas, Terraza O Noso Lar e Bar O Faro) desenvólvese a ruta de tapas SanciTapeando todos os xoves desde o 6 de outubro ata o 15 de decembro. O prezo por tapa é de 2,50 euros.
Entre os participantes na ruta sortearanse dous premios: vales de 200 e de 100 euros para gastar nos locais participantes.
Este evento gastronómico organízase coa colaboración do Concello de Cervo.
O Concello de Cervo e o C.D. San Ciprián organizan a !ª Carreira Popular Península da Paz que terá lugar o domingo 4 de setembro en San Ciprián, coa colaboración da Xunta de Galicia.
A cita deportiva foi presentada na pista de atletismo da Veiga –de onde partirá a carreira- polo rexedor, Alfonso Villares, o edil de Deportes e a concelleira de Cultura, David Rodríguez e Dolores García Caramés, respectivamente, polo xefe do servizo provincial de Deportes, Manuel Otero, e en representación do C.D. San Ciprián, por Olga Vicente, que dirixe a sección de atletismo do club, e pola directiva Cristina Barreira.
A proba infantil será ás 11:00 horas e o percorrido de 5.500 metros será íntegro na pista de atletismo. Pola súa banda, a proba absoluta partirá ás 12:00 horas da mesma pista e discorrerá por todo o perímetro...
leer másEn San Cipirán celebrarase o 13 de agosto a Maruxaina, unha festa declarada de interese turístico galego que está baseada nunha antiga lenda protagonizada pola Maruxaina.
O sábado terán lugar os actos principais, pero xa o venres, 12 de agosto, se poderá desfrutar da festividade. Comezará as 19:00 horas co gran chupinazo na prazoleta, ao quel sigue a concentración de Maruxain@s onde haberá unha degustación de empanadas galegas e bolos preñaos. O último do día será as o nomeamento d@ Maruxain@ de honra, a cargo da Asociación Amigos da Maruxaina, ás 21:00 horas.
O 13 de agosto tamén comezará co gran chupinazo, haberá un pasarrúas con charangas e gaiteiros, seguido dunha xuntanza na Prazoleta as 12:00 horas para comezar un paseo pola vila, amenizado por as charangas Os Atrevidos, Santa Compaña, TNT e Rolling Band...
leer másDo 8 ao 29 de agosto pódese visitar na Casa da Cultura en San Ciprián unha mostra pictórica de Blanca Dacal. Denomínase Luz de Balea.
Podéra visitarse de luns a venres en horario de mañá de 9:00 a 14:30 horas, pero fóra deste horario poderase concertar unha cita para visitala no teléfono 659 05 36 35 (Blanca Dacal)
Trátase dunha homenaxe que lle fai a artista á balea, un animal fascinante moi vencellado á historia de San Ciprián!
En palabras de Blanca Dacal: “Con Luz da Balea pretendo rescatar a presenza das baleas da memoria colectiva, así como o vínculo coa iluminación do faro noutros tempos, e surcar xunto a elas os océanos no sono do máis profundo da imaxinación”.
Desde este domingo e ata o mércores, 10 de agosto, na praza dos Campos en San Ciprián haberá tobogáns acuáticos con entrada de balde.
Os tobogáns selva acuática e X-treme estarán abertos de 16:30 a 20:00 horas, agás o mércores que tamén funcionarán en horario de mañá. Para gozar desta proposta inscriben no mesmo lugar no que se atopan instalados.
O Desfile de Entroido de Verán terá lugar este venres, 5 de agosto, en San Ciprián, da man da asociación Amigos da Maruxaina, coa colaboración do Concello de Cervo.
A saída do desfile está prevista desde a Casa do Mar, ás 20:00 horas. Haberá premios en distintas categorías e ao remate terá lugar unha sesión disco da man de DJ OVO na Praza dos Campos.
As persoas interesadas en participar poden anotarse ata mañá xoves na Casa da Cultura en horario de mañá.
Cervo celebrará a XXXV Festa da Maruxaina o 13 de agosto. Haberá actividades para todos os públicos.
O Concello de Cervo celebrará a XXXV Festa da Maruxaina o sábado 13 de agosto. A cita foi presentada polos concelleiros de Deportes, de Medio Ambiente, e de Servizos Sociais, David Rodríguez, Mali Méndez e Pilar Armada, respectivamente, e por unha representación das asociacións A Anxuela e Amigos da Maruxaina, que organizan a festa.
Ese día 13 serán os actos centrais, pero xa o venres terá lugar a Pre-Maruxaina co gran chupinazo ás 19:00 horas, seguido da concentración de Maruxainos e Maruxainas na Praza dos Campos, onde haberá degustación de empanadas típicas galegas e bolos preñados. Ás 21:00 horas está previsto o nomeamento do/a Maruxaino/a de Honra 2022, a cargo da Asociación Amigos da Maruxaina.
Xa o sábado, 13 de agosto, será o día grande, que estará animado desde primeira hora polo ritmo de diferentes charangas e...
leer másO Concello de Cervo convida a gozar do Festival Folklórico Nacional e Infantil que se celebrará en San Ciprián, na Praza dos Campos, esta próxima fin de semana, da man do Grupo Folklórico Mistura, coa colaboración da Administración local.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o concelleiro de Deportes, David Rodríguez e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron a cita acompañados do Presidente e profesor do Grupo organizador, Claudio López, e doutros compañeiros de Mistura.
Así, o sábado 30 terá lugar o Festival Nacional que arrincará ás 20:30 horas coa participación dos grupos Ximelga la Saya (Avilés), a Asociación Coros y Danzas Fermento (Valdepeñas, Ciudad Real) e rematará coa actuación do anfitrión, o Grupo Folklórico Mistura.
Xa o...
leer másAta o 29 de xullo pódese visitar na Casa da Cultura, de San Ciprián, unha exposición de traballos de Abraham Moreno Barreiro, estudante de Belas Artes en Salamanca e veciño do concello cervense.
A mostra foi inaugurada no día de onte polo rexedor Alfonso Villares e por varios membros do equipo de goberno.