San Ciprián
Os Reis Magos non faltarán á súa cita cos nenos e nenas do concello de Cervo a tarde do venres, 5 de xaneiro.
En San Ciprián a saída da Cabalgata está prevista para as 18:00 horas desde o Pavillón da Veiga, con posterior recepción no auditorio da Casa da Cultura. Colaboran a ANPA do Ceip Península da Paz e a asociación Mulleres de San Ciprián. Tamén durante esa tarde de venres repartirase chocolate da man da Comisión de Festas de Lieiro, na carpa da Praza dos Campos.
En Cervo a saída da comitiva real está prevista para as 19:30 horas, desde as Escolas Vellas, e a recepción será na carpa instalada na Praza do Souto, onde tamén haberá un Belén Vivente, da man da asociación Airiños do Xunco.
As nenas e os nenos poderán gozar dos inchables e da ludoteca en San Ciprián desde o martes ata o xoves en horario de 11 a 14 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes.
As actividades enmárcanse na programación de Nadal organizada polo Concello de Cervo.
Ademais este martes, día 26, Tarabelos presentará o espectáculo de monicreques “O novo traxe do rei”. Será ás 19:30 horas na Praza do Souto en Cervo. Colabora con esta cita a asociación Airiños do Xunco.
Azores Somerxida é o título da colección composta por 22 instantáneas coidadosamente seleccionadas por este biólogo e fotógrafo, veciño do concello de Cervo.
A inauguración da mostra será o próximo venres, 8 de decembro, cunha charla do propio autor no auditorio da Casa da Cultura a partir das 19:00 horas.
As persoas asistentes poderán coñecer de preto o trasfondo desta exposición concibida nas illas Azores, froito de moitos meses de traballo no mar, nos que Cao conseguiu ser aceptado por algúns dos maiores animais mariños do mundo, no seu propio medio.
A mostra poderase visitar ata o 8 de xaneiro de 2024.
O Concello de Cervo e a Asociación Amigos da Troula veñen de anunciar o cartel da quinta edición do Callo Fest, que terá lugar na Praza dos Campos de San Ciprián o venres, 29 de decembro, e que contará con Abaixo Cu Sistema e Deleiba como principais atrativos musicais.
O festival naceu no ano 2017 co fin de unir música e gastronomía á hora de celebrar unha festa de pre-fin de ano para todos os membros da familia. Coa súa quinta edición convértese xa nun dos atractivos da comarca no Nadal.
Este ano contará baixo a carpa do epicentro sancibrense con catro actuacións de rock, metal e punk rock, que rematarán a noite cun dj que pinchará diferentes estilos musicais. Todo iso, como sempre, redondeado cunha ración de callos ao remate de todos os concertos.
O principal reclamo musical da cita...
leer másEste próximo sábado, 18 de novembro, O Grupo de Teatro Ardora presentará a súa obra “Aire fresco”, no auditorio da Casa da Cultura, en San Ciprián, ás 19:00 horas.
Trátase dunha peza teatral escrita por Francisco Piñeiro e diirixida por María Paz Rodríguez.
A representación enmárcase no Circuíto de Teatro Afeccionado 2023 da Deputación Provincial de Lugo.
Este próximo xoves, 19 de outubro, volve o Sanci Tapeando á hostalería de San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita gastronómica, na que participan a cafetería Aquelarre, Cervecería Las Titas, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, A Bodega de Ana e a Pizzería O Trasgo, foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polo edil de Turismo, David Rodríguez, e por unha representación dos locais que se sumaron á proposta.
Cada semana os establecementos participantes nesta iniciativa que botou a andar no ano 2018, ofrecerán unha tapa diferente e elaborada a un prezo de 2,5 euros.
Os clientes dos xoves, terán a posibilidade de participar nun sorteo de dous vales, de 200 e de 100 euros, para consumir nos locais participantes.
As propostas para este...
leer másA Casa da Cultura de San Ciprián acolle ata o 31 de outubro unha mostra pictórica de Xosé López Losada "Xolo", composta por 21 obras seleccionadas polo artista entre máis de 600 creacións que ten na súa colección persoal.
Na inaguración da mostra que se poderá visitar durante todo o mes de outubro, o artista estivo acompañado pola rexedora, Dolores García Caramés, pola tenente alcalde, Mali Méndez, por unha representación do tecido asociativo e social da Mariña, e por moitos dos membros da familia da asociación Saúde Mental A Mariña, da que forma parte Xolo, encabezada pola directora técnica xeral da entidade, María José Nóvoa.
O artista agarda que a veciñanza desfrute moito das súas pinceladas baixo o título "Arte con futuro".
Trátase dun impresionante tobogán de 6 metros de alto que termina nunha piscina chamado Super Blue. E tamén o Kamikaze. A entrada é de balde, pero é preciso inscribirse no mesmo lugar.
O 4 de setembro funcionarán en horario de 17 a 20 horas. E os días 5, 6 e 7 será de 12:30 a 14 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes.
Segundo informa o Concello de Cervo hai un horario reservado a Concilia o martes, mércores e xoves entre as 11 e as 12:30 horas.
Cervo será o escenario da I Carreira Popular Sanci KM, o mércores 30 de setembro, a partir das 19:00 horas e terá como punto neurálxico a Praza dos Campos en San Ciprián, onde se situará a saída e a meta do evento.
A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola presidenta do Club Maderas Barcia Cervo, Patricia Calvo, e por unha representación das bases de esta entidade deportiva, que organiza o evento coa colaboración da Administración local.
Tal e como explicaron desde a organización, a inscrición permanecerá aberta ata o próximo 27 de agosto a través da ligazón https://xn--tourmaria-s6a.com/es/web/evento/2590/, e ademais da carreira de adultos, tamén establecerán percorridos alternativos adaptados ás crianzas, desde a...
leer másO Concello de Cervo será o escenario do I Trail A Fume de Carozo o sábado, 2 de setembro, a partir das 10:00 horas.
A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por unha representación dos membros do club local A Fume de Carozo, en San Ciprián, onde se situará a saída e a meta do evento, en concreto na Praza dos Campos.
Tal e como explicaron desde a organización, haberá unha andaina de 13 quilómetros cun desnivel aproximado de +300 metros, un trail de 16 quilómetros cun desnivel aproximado de +600 metros e un trail de 25 quilómetros cun desnivel aproximado de +900 metros.
Nos trails tan só poderán participar as persoas maiores de 18 anos, pero a Andaina si que estará aberta para menores coa correspondente autorización do pai, nai ou titor/a.
Toda a...