A cabalgata de Cervo estrea saída. Partirá da Casa do Concello e rematará na praza do Souto, onde haberá recepción real ao igual que en San Ciprián.

Os Reis Magos farán mañá unha parada no camiño para ver aos /ás nenos/as do concello de Cervo.
 
Cabalgata de San Ciprián: partirá ás 17:30 horas do Pavillón da Veiga, e ao remate do percorrido pola vila haberá recepción Real no Auditorio da Casa da Cultura.
 
Cabalgata de Cervo: ás 19:30 horas, con saída da Casa do Concello (NON DAS ESCOLAS VELLAS, COMO ERA HABITUAL) ata a carpa da Praza do Souto, onde haberá recepción Real; organiza Airiños do Xunco coa colaboración do Concello.
 
A continuación haberá a actuación do pallaso Popín e  cantos de Nadal con Cordenaia Cantareiras