Imaxina
O IES Alfoz-O Valadouro alzouse como o gran triunfador do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2021 coas propostas fotográficas de tres alumnas. Na undécima edición do concurso que organiza a Fundación Imdecum, coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, a gañadora foi Tania Verdes, de 3º da ESO; resultaron destacadas ademais as imaxes presentadas por Carla Fernández, tamén de 3º, e Celia Fernández, de 1º.
A fotografía gañadora, de Tania Verdes, está protagonizada polo salto dunha figura humana cun horizonte de nubes e o solpor ao fondo. A maxia e o xogo de cores do luscofusco tamén emerxe na instantánea finalista de Carla Fernández. Celia Fernández obtivo o recoñecemento como finalista nesta edición por unha imaxe da Finca Galea.
Tras o obradoiro impartido polas fotógrafas Andrea Rodríguez e...
leer másA Fundación IMDECUM organiza a décima edición do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2020.
Poderán participar todas aquelas persoas que estean cursando estudos de formación, durante o ano académico 2020-2021, nos institutos Monte Castelo e Perdouro de Burela, Dionisio Gamallo de Ribadeo, Marqués de Sargadelos de San Cibrao, Vilar Ponte e María Sarmiento de Viveiro, Illa de Sarón de Xove, Alfoz-O Valadouro e Foz. Tamén estará dirixido aos usuarios e usuarias da Fundación Eu Son, Axuda ao Enfermo Mental da Mariña e Asociación Camiña.
Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías e a temática é A Mariña. Deberán enviarse a través do servidor www.wetransfer.com ou ao correo electrónico contacto@imdecum.com. Os...
leer más