Ruta
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta ao Castro de Doade, en Lalín o 22 de marzo.
A saída será ás 7:30 horas diante de Cenor en Foz e ás 7:50 horas dedesde Ferreira.
O prazo para anotarse remata o 18 de marzo e pode facerse nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 30 euros para os socios federados, 34€ para os socios non federados e 39 euros para o socio temporal. Está incluído o xantar, que consistirá nun cocido tradicional.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.
A cita deportiva foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil delegado de Deportes, David Rodríguez, e os membros do Club Medela, Abel Ordás e Víctor Riera.
A proba, de dificultade media-alta, será de 28 quilómetros, e 1.400 metros de desnivel acumulado e permitirá desfrutar de 5 tramos perfectamente acondicionados polos membros do Club “que levan meses traballando no trazado para que ese día os amantes das dúas rodas poidan gozar dunha competición de primeiro nivel no Concello de Cervo”.
Villares e Rodríguez quixeron agradecerlles unha vez máis aos integrantes da asociación o seu traballo “porque eles son os responsables do éxito desta competición á que dedican moitas horas do seu tempo logrando facer do noso municipio un marco excepcional para a práctica deste deporte”. Esta proba á que cada ano asisten máis de...
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta pola Fragavella de Mondoñedo o 9 de febreiro e á que asistirán membros do MIES de Oviedo.
A saída será ás 8:15 de Foz, diante de Cenor, e ás 8:35 horas de Ferreira.
Para participar é obrigatorio anotarse, antes do 5 de febreiro, nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 25 euros para os socios federados, 29€ para os socios non federados e 33 euros para os socios temporais. Está incluído o xantar.
Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo e informan que a ruta ten un nivel de dificultade media.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a primeira ruta de 2020. Será o domingo, 19 de xaneiro, á Fervenza do río Belelle, en Neda-Ferrol.
A saída será ás 7:30 horas diante de Cenor, en Foz, e ás 7:50 horas desde Ferreira.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 15 de xaneiro nos seguintes números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.
Os prezos son: 25 euros para os socios federados, 29 para os socios non federados e 33 euros para os socios temporais (inclúe o xantar).
Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.
A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta pola Fervenza de Toques para este sábado, 11 de xaneiro.
A saída será ás 8:30 horas da Estación de Autobuses de Burela.
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504, antes do xoves, día 9, ás 14:00 horas.
O prezo é 25 euros para os socios e 30 euros para os non socios e inclúe autobús, comida e seguro.
A ruta ten unha distancia de 12 quilómetros e un nivel de dificultade baixo.
Os Concellos de Mondoñedo, Riotorto, A Pontenova e Taramundi impulsan a creación dunha ruta BTT de longo percorrido vinculada aos oficios tradicionais. Este proxecto opta ás subvencións convocadas pola Xunta para fomentar a recuperación, accesibilidade e sinalización de recursos turísticos no medio rural.
A ruta discorrerá por catro concellos de carácter rural e de marcada natureza montañosa que destacan, ademais, polos seus oficios tradicionais e a súa vinculación coa auga; deste xeito póñense en valor os recursos naturais, paisaxísticos e etnográficos.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, explica: “Destaca nesta zona, pola súa relevancia, a presenza de muíños como eixes do aproveitamento dos cereais que se empregaban para a alimentación dos animais, pero tamén para facer o pan nos fornos tan tradicionais...
leer másA asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza a última ruta do ano a Fonsagrada este sábado, 14 de decembro.
A saída será ás 8:30 horas da estación de autobuses de Burela.
As persoas interesadas en participar teñen de prazo para anotarse ata o xoves, 12 de decembro, ás 14:00 horas, e poden facelo no número de teléfono 982 580 504 ou en Gráficas Arfe. Os prezos son 25 euros para os socios e 30 euros para os non socios, inclúe autobús, comida e seguro, e a comida será cocido típico da Fonsagrada.
A organización informa que a ruta, cunha distancia de 8 quilómetros, ten un nivel de dificultade baixo.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro o 8 de decembro, polo cabo de Busto, en Asturias.
A saída será o domingo, 8 de decembro, ás 8:30 horas de Ferreira, e ás 8:50 h. de Foz, diante de Cenor.
O último día para anotarse é o vindeiro mércores, 4 de decembro, e as persoas interesadas poden facelo nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. O prezo é 25 euros para os socios federados, 29€ para os socios non federados e 33 euros para os socios temporais. Está incluído o xantar.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza o vindeiro martes, 29 de outubro, un Fam-Trip á Ruta da Faba ao que asistirán distintos operadores turísticos da Mariña e do resto de Galicia. O obxectivo desta acción, baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia, é impulsar e espallar ao resto do territorio que acolle a indicación xeográfica protexida (IXP) este produto turístico con identidade propia e que ofrece ao visitante unha experiencia diferenciada.
A axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade, Tania Hermida, explica que “aínda que o nome a relaciona, e con razón, ao concello laurentino a indicación xeográfica protexida (IXP) acolle actualmente a produción de Faba de Lourenzá en 15 concellos da Mariña Lucense. Debido ás características do solo e ás técnicas tradicionais empregadas no seu cultivo, as...
leer másA asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta de O Cádavo a Castroverde o vindeiro domingo, 27 de outubro.
A saída será ás 8:30 horas da estación de autobuses de Burela.
As persoas interesadas poden anotarse ata o xoves 24 ás 14:00 horas en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504.
O prezo é 25 euros para os socios e 30 euros para os non socios e inclúe o seguro e a comida nunha caseta da feira de Castroverde.
A organización informa que a ruta de 8 quilómetros ten un nivel de dificultade baixo.