O Concello de Barreiros, en colaboración con AECC AMariña, organiza dous actos ó redor do Día Mundial do Cancro de Mama.
O próximo 19 de outubro é o Día Mundial do Cancro de Mama e a Concellería de Servizos Sociais, coa idea de axudar a mellorar a concienciación e dar visibilidade a este tumor maligno que afecta maioritariamente a poboación feminina, organiza unha andaina saudable de 5 km e unha charla-coloquio.
A andaina “Primeira ruta saudable”, terá lugar o mesmo 19 de outubro. Con saída e chegada nas escolas de Celeiro de Mariñaos, discorrerá a carón do Río Masma e terá unha distancia aproximada de 5km.
A charla-coloquio “Coidando ao coidador – De carballo a xunco” está programada para o 27 de outubro no centro sociocultural. Nela intervirán os relatores de AECC A Mariña, Andrea Casais Amor (psicóloga), e José Antonio Fernández Lestao (traballador social).
Para poder asistir a calquera dos eventos será preciso facer inscrición previa no departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros ou chamando ao teléfono 982.124.002