A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta polo val de Lourenzá, o vindeiro domingo, 6 de decembro.
A saída será ás 9:00 horas, diante de Cenor en Foz, e tamén ás 9:00 de Ferreira. O desprazamento farase en coche.
O prezo será 3 euros para os socios non federados e 4€ para os socios temporais. A actividade será gratuíta para os socios federados.
Para asistir é obrigatorio anotarse ata o venres 4 de decembro e as inscricións pódense facer nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e mascarilla, e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.