Agasallos

Etiquetas:
03/01/2021

Desde Ledicia subliñan que “a situación sanitaria que vivimos non permite que o próximo 5 de xaneiro os Reis Magos se paseen por Burela nas súas carrozas, pero iso non vai impedir que veñan facer o seu traballo e deixar en cada casa os agasallos correspondentes”.

A Sociedade Cultural Ledicia está en contacto permanente con eles, e xa ten preparado o vestiario que usarán ao seu paso polo pobo, no que gardarán en todo momento as medidas anti covid necesarias.

Ledicia anima “a todos os nenos e nenas a que deixen os zapatos ben limpos, bebida e comida para que os reis e os camelos repoñan forzas, e se deiten ben cediño esa noite para que a comitiva real poda facer o seu traballo sen problemas”. 

Desde Ledicia aproveitan a ocasión “para desexar un bo ano 2021 a toda a veciñanza”.

Etiquetas:
10/12/2020

O Concello focense promove o comercio local en colaboración coa ACIA-Centro Comercial Aberto nunha campaña de agasallos este venres e sábado, dentro do programa IMPULSA FOZ.

O concelleiro de Turismo e Asuntos Económicos, Chema Linares, traslada a súa preocupación polo pequeno comercio local: “somos coñecedores das dificultades que están a pasar os comercios nesta crise. Cremos que esta campaña, na que colabora a ACIA local, é un aliciente para que máis xente se achegue a Foz a realizar as súas compras: con precaución sempre, pero máis que nunca temos que pensar en axudar a todas as nosas veciñas e veciños autónomos que teñen unha pequena tenda e esquecernos por un momento das grandes plataformas dixitais multinacionais”.

Chema Linares explica que “todos aqueles que fagan compras superiores aos dez euros o venres...

leer más