O Concello de Burela recibe mañá venres, 5 de xaneiro, a visita das súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, cunha gran xornada de festa dirixida á rapazada da vila e as súas familias.
A cabalgata de Melchor, Gaspar e Baltasar sairá ás 19:00 horas da rúa do Ril e o percorrido terminará na praza da Mariña, onde celebrarase a recepción das súas maxestades. Haberá rosconada con premios e chocolatada, ademais do gran sorteo do chupachup de ouro valorado en 3.000 euros.
“A deste venres será unha tarde chea de maxia, antes da noite máis especial do ano para os máis pequenos da casa. Animamos a toda a veciñanza a achegarse á cabalgata, desfrutar e saudar aos Reis Magos na carpa da praza da Mariña", sinala Carmela López, alcaldesa de Burela.
No caso de que a meteoroloxía sexa moi adversa, o concello informará dos posibles cambios no percorrido da cabalgata.