A Delegación de Medio Ambiente organiza un obradoiro de papel feito a man a partires de fibra de palla, liño e millo de alta calidade. Será os días 18 e 19 de novembro na praza de abastos. A asistencia é gratuíta.
Desde a Concellería de Medio Ambiente explican que “a partires do desenrolo deste taller procederase á fabricación de follas de papel a partir de fibras naturais coa impronta persoal de cada participante 100% ecofriendly”.
E engaden que “este obradoiro de papel feito a man terá lugar os días 18 e 19 de novembro na praza de abastos de Burela. Terá unha duración de 6 horas. O sábado desenvolverase de 16:30 a 20:30 horas, e o domingo de 12 a 14 horas. Será necesario inscribirse previamente na Oficina De Medio Ambiente ou por teléfono no 982 58 08 67. Cristina Fernández Sáinz de la Maza impartirá dito taller, que é totalmente gratuíto”.
O obradoiro foi presentado esta mañá pola concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben.