Tá en Artes organiza un ano máis, coincidindo coa celebración da Semana das Artes na Mariña, un obradoiro de escultura en Foz que terá lugar o sábado, 5 de maio.
A actividade está dirixido a nenos e rapaces de todas as idades, e seguindo coa homenaxe a Puchades, a temática este ano vai ser a escultura.
Este obradoiro terá lugar na Avenida da Mariña, na parada de taxis, a partir das 12:00 horas. Os organizadores pretenden que os traballos que resulten queden expostos na rúa para darlle vida e ser un atractivo máis.
A Asociación de Comerciantes de Foz e Centro Comercial Aberto colabora coa actividade que supón tamén unha dinamización da rúa no ámbito comercial.
Para participar neste taller hai que anotarse no correo queremosarte@outlook.es