Galicia sabe Amar

27/11/2024

A campaña Galicia sabe Amar, da Xunta de Galicia, chega á Pontenova este sábado, día 30 de novembro.

O Concello da Pontenova anuncia que haberá degustación gratuíta de petiscos elaborados con produtos do mar no aparcamento da Praza dos Fornos de 12:00 a 15:00 e de 19:00 a 22:00 horas.