Nenos
O Concello de Viveiro presenta o seu programa de obradoiros gratuítos para a Semana Santa, dirixidos á infancia entre 4 e 12 anos. En total, realizaranse tres talleres, co obxectivo de ofrecer unha proposta de lecer durante as vacacións escolares e facilitar a conciliación familiar.
O primeiro obradoiro será o luns 11 de abril sobre papiroflexia, xogos e baile. O martes, 12 de abril, os cativos e cativas gozarán de malabares, xogos e happy ioga. Por último, o mércores, 13 de abril, os participantes terán unha ginkana, xogos e retos de lóxica.
Nas tres xornadas o horario será de 10:30 a 13:30. Para participar nas actividades, cómpre realizar a inscrición por WhatsApp no teléfono 654208333.
O Centro de Día Aloumiños convoca o 2º Concurso Nenos e Maiores, que patrocinan AciaFozCCA e o Concello de Foz. O Certame foi presentado por José Ramón Rodríguez, coordinador de Aloumiños, Inés López Couto, concelleira de Cultura e José Carlos Paleo, presidente de AciaFozCCA.
A organización establece dúas categorías. A individual, para rapazas e rapaces de 6 a 16 anos, que poderán presentar un debuxo ou un relato a elixir. A temática será E ti de pequeño… que facías?. Para obter esa resposta os participantes deberán facerlle esa pregunta a unha persoa maior da familia ou dos veciños e veciñas. E a especial para rapaces e rapazas de 6 a 16 anos xunto a unha persoa maior de 65 anos. O traballo a realizar, con temática libre, pode ser unha manualidade feita polos dous (nen@ e maior).
José Ramón Rodríguez lembrou...
leer másA Pontenova acollerá un obradoiro de pesca en río para nen@s de todas as idades. Será impartido polo campión do mundo de pesca David Arcay.
Será este sábado, día 2 de outubro, de 11:00 a 13:00 e de 16:30 a 18:30 horas. O prazo de inscrición para participar está aberto ata este xoves, 30 de setembro, e os interesados deben contactar con Javier Méndez no teléfono 699.41.93.22
A programación cultural de outono do Concello de Foz inclúe unha nova cita para as/os máis pequenas/os, este sábado, 25 de setembro, con Tres por Catro e os seus Musicreques: contacontos musicais. Será ás 18:30 horas na biblioteca pública Salgado Toimil.
Este espectáculo, para público de 3 a 12 anos, consiste en música ao piano acompañada de rimas, cantos e monicreques.
As entradas son gratuítas e poden reservarse no teléfono 982.140.027 - Extensión 3.
O 11 de xuño convocan unha reunión informativa sobre o programa Ludiverán ás 20.00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.
O prazo de inscrición será do 14 ao 21 de xuño. As actividades están destinadas a nenas e nenos nados de 2009 a 2017. Desenvolveranse do 5 xullo ao 27 de agosto en 4 quendas de 10 a 13 horas de luns a venres (laborables).
Máis información no teléfono 982 558 001 (ext. 2).
Inscrición: https://drive.google.com/.../1gHX0ev0Az8UHlAsPE1c.../view...
Bases: https://drive.google.com/.../1tkDm6QJ24u598a.../view...
A Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este domingo, 9 de maio, unha actuación de Raquel Queizás con Cinema Marabillas. A representación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 17:30 horas. Inclúese no programa Apego e está dirixida a nenas e nenos de 3 anos en diante. O prezo da entrada é de 3 euros.
Trátase de adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos e nos libros clásicos da literatura co obxectivo de facer ver que esas historias coñecidas poden contarse de diferentes maneiras. Os protagonistas destes relatos son nenas e nenos que teñen preocupacións, e reflicten sobre o mundo no que viven e as etapas evolutivas das espectadoras máis cativas. Axudan a formar o seu pensamento crítico sobre temas como a amizade, o amor, a igualdade de xénero ou o respecto polo diferente.
O Concello de Viveiro, a través do Conservatorio Profesional de Música, oferta durante o mes de maio cursos gratuítos de diferentes especialidades para facilitar un primeiro achegamento á musica aos mais pequenos, co fin de fomentar neles o gusto por esta arte que tanto arraigo ten no municipio.
“A promoción e formación cultural é para nós unha prioridade de goberno e queremos iniciar aos nenos e nenas na música, o teatro ou a lectura desde idades moi temperás cunha ampla programación”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Haberá un Curso de Iniciación Musical, dirixido a nenos/as nados/as no ano 2014, baseado na idea de aprender xogando a través de diversas actividades musicais; e un Curso de Iniciación ao Instrumento para os instrumentos de frauta traveseira, gaita, saxofón, trombón, trompa, trompeta...
leer másO Concello de Viveiro lembra que está aberta a preinscrición para os cursos de natación para nenos e nenas, establecendo as seguintes categorías:
- Curso natación infantil: nacidos entre 2015 e 2016.
- Curso natación nenos: nacidos entre 2007 e 2014
- Curso escolas de natación: nacidos entre 2014 e 2005.
O prazo de preinscrición remata o 8 de abril de 2021. O venres, 9 de abril, na piscina municipal, realizarase o sorteo das prazas, que será aberto ao público. A presinscrición para os cursos de nenos pode facerse tanto de forma presencial como por teléfono.
A data de comezo dos cursos será o 12 de abril e o remate o 17 de xuño. Os cursos terán un aforo limitado a catro alumnos por curso, debendo cumprir en todo caso as medidas e limitacións en materia de prevención de COVID-19.
O Concello de Barreiros programa a actuación de Caxoto Contacontos, dentro de Educando en Familia, para este sábado, 13 de marzo, ás 18:30 horas, no centro sociocultural de San Cosme.
Para anotarse, por control de aforo, hai que chamar ao 982 124 002, ata este venres en horario de 9:30 a 14:30 horas. Asignarase un número que se corresponderá co asento a ocupar no salón de actos. A organización lembra que é obrigatorio o uso de máscara. Dispoñerase de xel hidroalcohólico e manteranse as distancias de seguridade.
Nova actividade na Casa da Cultura para esta semana. Neste caso, organizada por Educando en Familia, o contacontos Caxoto presenta o seu espectáculo para nenos de ata 5 anos de idade.
Será o venres, 12 de marzo, ás 16:30 horas na Casa da Cultura. Debido ás restricións da COVID-19 o aforo está limitado a 60 persoas. Entrada libre e gratuíta.