A Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este domingo, 9 de maio, unha actuación de Raquel Queizás con Cinema Marabillas. A representación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 17:30 horas. Inclúese no programa Apego e está dirixida a nenas e nenos de 3 anos en diante. O prezo da entrada é de 3 euros.
Trátase de adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos e nos libros clásicos da literatura co obxectivo de facer ver que esas historias coñecidas poden contarse de diferentes maneiras. Os protagonistas destes relatos son nenas e nenos que teñen preocupacións, e reflicten sobre o mundo no que viven e as etapas evolutivas das espectadoras máis cativas. Axudan a formar o seu pensamento crítico sobre temas como a amizade, o amor, a igualdade de xénero ou o respecto polo diferente.