O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o sábado, 4 de marzo, o espectáculo Pitusa Semifusa.
Esta proposta musical é un mollo de cancións de Olga Brañas, interpretadas por unha nena chamada Pitusa Semifusa, neta dunha famosa directora de orquestra. Pitusa, a súa avoa e o seu irmán irán explicándolles ás cativas e cativos as familias de instrumentos musicais nun espectáculo participativo, divertido e didáctico.
A representación dará comezo ás 18:00 horas, ten unha duración de 45 minutos e o elenco artístico está composto por Marta Bravo na voz, Sergio Tannus á guitarra e Olga Brañas ao piano.