O Círculo de Recreo do Casino de Mondoñedo organiza unha cea-baile para a noite de Reis, o xoves día 5, ás 22:30 horas. A cea será servida por Chao da Brea e a velada estará amenizada polo Dúo Epo-k.
As tarxetas están á venta en O Rincón e O Porriño e o prezo para os soci@s é 20 euros e para non socios é de 25 euros. O menú está composto de empanada de bonito, raxo e zorza, pescada en dous prebes, tenreira asada, roscón de Reis, café e chupito. Os viños son albariño Ancora e rioxa Tobía.