Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio explican que “con motivo da celebración do V Ribadeo Indiano os días 6, 7 e 8 de xullo ábrese o prazo para participar cun stand no Mercado Indiano, que terá lugar durante o sábado 7 de xullo. Esta cita constitúe un espazo para a mostra de postos con produtos e mercancías de ultramar e da época así como de oficios que comprenderán finais do S.XIX a principios do XX (produtos da horta chegados das Américas como pataca, pemento, tomate ou millo, doces e pasteis típicos da época, xoguetes, xeados, barquillos, froitas tropicais, chocolates e cacaos, roupa, tocados e camafeos, flores e plantas tropicais, decoración…). As bases e solicitude de inscrición pódense consultar en: http://ribadeo.sedelectronica.gal/
E engaden que “asemade o Concello de Ribadeo e Acisa invitan a todos os establecementos a participar na oferta gastronómica que se desenvolverá durante o Ribadeo Indiano, onde os establecementos poderán ofrecer degustación de pinchos, tapas e racións, tanto de balde como de pago, realizar menús de gustación ou outro tipo de produtos adecuados ao evento como cócteles, etc. Ao igual que as anteriores edicións, cada hostaleiro poderá escoller un país iberoamericano de referencia para crear a súa oferta así como para ambientar o seu local”.
As persoas interesadas en obter máis información ou para inscribirse poden facelo na páxina: http://indiano.ribadeo.org/