A praza Conde de Fontao, de Foz, acollerá un mercado de artesanía esta Semana Santa, concretamente desde o xoves, 29 de marzo, ata o domingo, 1 de abril.
É a primeira edición deste evento, que organiza o Concello de Foz e no que haberá unha vintena de postos nos que se exporán e se porán a venda diferentes produtos artesáns.
Ademais haberá espectáculos de maxia e inchables.